Luis Miguel Negrón, nado en Guayama en 1970, é un escritor portorriqueño.

Traxectoria Luis Negrón fixo o seu debut coa escolma de contos Mundo cruel (2010), centrada na vida das persoas homosexuais do barrio de Santurce, en San Xoán. A versión inglesa de Suzanne Jill Levine, publicada en 2013, gañou o XVI Premio Literario Lambda (2014) a unha obra de ficción. Trátase da primeira tradución en gañar este premio. Mundo cruel amosa a influencia de autores como Manuel Puig ou Pedro Lemebel.

En 2021, recibiu a bolsa Letras Boricuas na categoría de ficción. Negrón foi tamén editor, xunto con David Caleb Acevedo e Moisés Agosto, da escolma Los otros cuerpos (2007) de autores LGBT portorriqueños.

Publicacións Los otros cuerpos: antología de temática gay, lésbica y queer desde Puerto Rico y su diáspora (2007). Mundo cruel (2010). Los tres golpes (2016).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Porto Rico