Hans Henrik Jæger, nado o 2 de setembro de 1854 e finado o 8 de febreiro de 1910, foi un escritor, filósofo e anarquista noruegués. Formou parte do grupo bohemio coñecido como os bohemios de Kristiania, aveciñados en Kristiania (actual Oslo).
Traxectoria Hans Jæger naceu en Drammen (Noruega) o 2 de setembro de 1854. En 1886 foi perseguido a causa da súa novela Fra Kristiania-bohêmen (en ). Condenárono a 60 días de prisión e unha multa de 80 coroas por atentar contra a modestia e a moral públicas, e por blasfemia. Así mesmo, perdeu o seu posto de estenógrafo no Parlamento de Noruega. O seu avogado foi o político laborista Ludvig Meyer. Tanto Jæger coma o resto dos bohemios tentaban vivir segundo os nove mandamentos formulados en Fra Kristiania-bohêmen.
Ao ano seguinte, obrigárono a exiliarse. Jæger fora condenado a 150 días máis de prisión logo de que o goberno noruegués descubrise que enviara unhas 300 copias do seu libro a Suecia, finxindo que se trataba dun volume de contos de Nadal.
Jæger foi amigo do artista Edvard Munch, e apareceu en moitos cadros deste, bosquexados no cuarto que compartía con outra amizade de Munch.
O noruegués sostivo que a sexualidade non debería reprimirse nas relacións, e que os valores tradicionais do matrimonio e as clases sociais limitaban as liberdades e a realización das persoas. Así, afirmou que a institución do matrimonio debería abolirse para que exista unha "completa liberdade sexual entre os sexos na mesma clase social".
Publicacións alt=Retrato de Hans Jæger, por Andreas Bloch (1910)|miniatura|Retrato de Hans Jæger, por Andreas Bloch (1910)
Kants fornuftskritik ("A crítica da razón pura de Kant", 1878). Olga (1883). En intellektuel Forførelse ("Unha sedución intelectual", 1884). Fra Kristiania-bohêmen ("Dos bohemios de Kristiania", 1885). Julefortællinger av Hans Jæger ("Contos de Nadal de Hans Jæger", 1886), un segundo volume de Fra Kristiania-bohêmen. Albertine (1886), xunto con Christian Krohg. Min forsvarstale i høyesterett ("O meu discurso de defensa na Corte Suprema", 1886). Kristianiabilleder ("Imaxes de Kristiania", 1888). Novelletter ("Historias curtas", 1889). Bohemens erotiske bekjennelser ("As confesións eróticas dos bohemios", 1893/1903). Syk kjærlihet ("Amor enfermo", 1893). Bekjendelser ("Confesións", 1902). Fængsel og fortvilelse ("Prisión e desesperación", 1903). Anarkiets bibel ("A biblia do anarquismo", 1906). Socialismens ABC ("O ABC do socialismo", escrito entre 1906 e 1910).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Obras de Hans Jæger (Biblioteca Nacional de Noruega)
Categoría:Finados en 1910 Categoría:Nados en 1854 Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Escritores en lingua norueguesa