Västervik é un concello sueco no condado de Kalmar. A súa capital é a localidade de Västervik.
Västervik caracterízase pola súa proximidade ao arquipélago de Tjust. A zona caracterízase por unha costa moi dentada cunha gran cantidade de illas. O interior tamén ten unha gran cantidade de lagos. A industria manufacturera, así como os servizos públicos e o turismo dominan a actividade económica local.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación foi negativa, aínda que a finais da década de 2010 se viu unha pequena recuperación. En decembro do ano 2024 Västervik contaba con 36 447 habitantes.
Xeografía Västervik e é o municipio máis grande de Götaland en termos de superficie no continente (o de Gotland é maior) e considérase a súa propia rexión do mercado laboral. Está situado no nordés da provincia histórica de Småland e ten o mar Báltico co arquipélago de Tjust ao leste.
O concello de Västervik limita ao sur co municipio de Oskarshamn, ao suroeste co de Vimmerby, os dous no condado de Kalmar, e tamén co concello de Kinda ao noroeste e cos de Åtvidaberg e Valdemarsvik ao norte, eses tres no condado de Östergötland. Västerviks atópase en Tjustbygden, un dos "pequenos países" tradiconais de Småland.
Topografía e hidrografía Västervik está caracterizado pola proximidade do arquipélago de Tjust. A zona caracterízase por unha costa moi dentada cunha gran cantidade de illas. O interior tamén ten unha gran variedade de lagos. A rocha núa adoita aflorar incluso no interior do municipio. Unha significativa parte da superficie son bosques de piñeiros, pero hai tamén hai grandes extensións de carballos e bidueiros, entre outras árbores. O abeto aparece ata certo punto no interior, pero é menos común na franxa costeira.
Unha parte máis pequena está cultivada. A agricultura centrouse tradicionalmente máis na gandería que na produción de cultivos.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kalmar