é unha serie de manga xaponesa escrita e ilustrada por Yoshihiro Togashi. Comezou a publicarse na revista Shūkan Shōnen Jump, de Shueisha, en marzo de 1998, aínda que dende 2006 sufriu pausas editoriais frecuentes. A data de setembro de 2024, conta cun total de 38 volumes. A historia céntrase en Gon Freecss, un rapaz que parte nunha viaxe para converterse en cazador (en ), un tipo de profesional especializado en actividades como a localización de animais descoñecidos e exóticos, a procura de tesouros, a investigación de territorios inexplorados ou a detención de criminais. Gon intenta atopar ao seu pai, un célebre cazador que o abandonou cando era moi pequeno. No seu camiño, coñece a numerosos cazadores e enfróntase a fenómenos paranormais.
Nippon Animation adaptou a obra nun anime de 62 episodios, dirixido por Kazuhiro Furuhashi. Emitiuse en Fuji Television entre outubro de 1999 e marzo de 2001. A mesma empresa desenvolveu tres OVA, cun total de 30 episodios, entre 2002 e 2004. Unha nova adaptación por parte do estudio Madhouse emitiuse en Nippon Television entre outubro de 2011 e setembro de 2014, con 148 episodios e dúas longametraxes. Existen tamén múltiples álbums, videoxogos, musicais e outras obras baseadas no manga.
Hunter × Hunter é un éxito a nivel comercial e de crítica, converténdose nun dos mangas máis vendidos da historia con 84 millóns de copias en circulación a data de xullo de 2022.
Categoría:Nippon Animation Categoría:Manga Categoría:Anime