Pablo Gavián Alonso, nado en Vigo o 2 de marzo de 2006, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito do Celta Fortuna, o equipo filial do Real Club Celta de Vigo, que milita na Primeira Federación, a terceira división do fútbol español.

A súa axencia de representación é Boim Football Boutique.

Traxectoria Formado nos xuvenís do RC Celta, Gavián destacou dende pequeno pola súa solidez defensiva, capacidade de carreira e destreza ofensiva. Previamente xogou en categorías inferiores do Independiente FC e o Rápido de Bouzas. A súa progresión polo xuvenil permitiulle debutar co Celta Fortuna durante a tempada 2023-24, converténdose nun dos xogadores novos máis prometedores do filial do Celta.

Na tempada 2024-25, Gavián consolidouse no once titular do equipo de Fredi Álvarez, disputando un total de 18 partidos de liga e acumulando máis de 900 minutos de xogo ao longo da tempada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos BOIM Football Boutique Yoel Lago Ligazóns externas Pablo Gavian Perfil en rccelta.es

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Futbolistas de Vigo