Rosa Garrido Casqueiro, máis coñecida como Rosa de Moscoxo, nada en Moscoxo (Pazos de Borbén) en 1936 e finada no mesmo lugar o 4 de xuño de 2022, foi unha cantareira galega.

Traxectoria Destacou polo seu amplo repertorio de cantigas. Adoitaba cantar acompañada da súa irmá maior, Aida. Entre outros lugares, actuaron no teatro García Barbón de Vigo e no teatro Molière de Bruxelas, convidadas por Ialma. Participou no programa Luar varias veces e dedicóuselle o capítulo quinto do Alalá.

Traballou como vendedora de peixe.

Homenaxes e influencia A súa obra está presente en moitos artistas actuais, como Ardentía, Davide Salvado, Caldo, Xabier Díaz, Xisco Feijoó, Mercedes Peón, Tanxugueiras, Leilía e Xurxo Fernandes. A súa voz aparece tamén no proxecto Músicas para Ovay, de Xosé Lois Romero, e en Tempo de recolleita (2017), de Félix Blume. As Tanxugueiras gravaron unha canción dela, "Aldeíña de Moscoso"; e en conxunto con Rozalén, o "Valse de Moscoso". Xisco Feijóo tamén gravou "Auga", tomado do repertorio de Rosa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Pazos de Borbén Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas