Põltsamaa (estoniano: Põltsamaa vald) é un concello rural no condado de Jõgeva, no centro de Estonia. O municipio ten unha superficie de 891km2 é no ano 2024 tiña unha poboación de 9 508 habitantes.

O mucicipio formouse no ano 2017 a través da fusión da cidade de Põltsamaa, e os concellos rurais de Põltsamaa, Pajusi e Puurmani.”Kõik omavalitsuste ühinemised ja liitumised on jõustunud”. Rahandusministeerium. 13 de novembro de 2017

Polo municipio pasan a estrada nacional 2 (Talín-Tartu-Võru-Luhamaa) e as estradas nacionais 37 (Jõgeva-Põltsamaa), 38 (Põltsamaa-Võhma) e 51 (Viljandi-Põltsamaa). A cidade de Põltsamaa, a capital do concello, está situada a 127 km de Talín, a 59 km de Tartu e a 30 km do centro do condado, Jõgeva.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do concello

Categoría:Concellos de Estonia