dereita|miniatura|Mosqueiro en Casa Rull, en Sispony (Andorra). Un mosqueiro é un pequeno moble para gardar diferentes alimentos que se utilizaba antes da extensión da enerxía eléctrica e a popularización do frigorífico.
Características xerais Era un moble con armazón de madeira, igual que a parte superior e inferior, cuxas paredes laterais estaban feitas dunha malla metálica moi fina para permitir unha boa ventilación, ó mesmo tempo que se evitaba que puidesen entrar moscas ou outros insectos.
No mosqueiro gardábanse todo tipo de alimentos perecedoiros, embutidos, queixos, froitas etc. xa que non había outro sistema de conservación. Dende a chegada da electricidade á maioría dos fogares e o uso estendido das neveiras eléctricas, o seu uso foise reducindo ata practicamente desaparecer. Dende finais do século XX o seu uso quedou relegado a algúns alimentos que precisan protección contra os insectos e ó mesmo tempo ventilación para a súa curación, coma embutidos e queixos.
Notas
Categoría:Fogar Categoría:Mobiliario