Sergio Postigo Redondo, nado en Madrid o 4 de novembro de 1988, é un futbolista español que xoga como defensa central no Mirandés, da Segunda División.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Leganés, na tempada 2007/08 debutou co primeiro equipo na Segunda División B. Posteriormente pasou polo Osasuna Promesas e o Getafe B, antes de regresar ao Leganés.
No verán de 2015 marchou a Italia para xogar no Spezia Calcio, da Serie B. Tras unha campaña no fútbol transalpino, volveu a España e fichou polo Levante, da Segunda División.
Na súa primeira tempada no club, contribuíu con 36 partidos e dous goles ao ascenso do seu equipo á Primeira división. Debutou na máxima categoría o 21 de agosto de 2017, nunha vitoria pola mínima ante o Vilarreal CF.
O 17 de xullo de 2024 asinou por un ano co Mirandés, de Segunda.
Palmarés Levante Segunda División (1): 2016/17.
Notas
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Leganés B Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Spezia Calcio Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do CD Mirandés