O ácido lactobiónico (ácido 4-O-β-galactopiranosil-D-glicónico) é un azucre ácido. É un disacárido formado por ácido glicónico e galactosa. Pode orixinarse por oxidación da lactosa. O anión carboxilato do ácido lactobiónico denomínase lactobionato.
Como ácido que é, o ácido lactobiónico pode formar sales con catións minerais como o calcio, potasio, sodio e zinc. O lactobionato de calcio é un aditivo alimentario usado como estabilizador. O lactobionato de potasio engádese para a conservación de solucións de órganos en forma de Viaspan ou CoStorSol para proporcionar soporte osmótico e impedir o inchamento das células. Os sales minerais do ácido lactobiónico tamén se usan para a suplementación de minerais.
O ácido lactobiónico tamén se usa na industria cosmética como antioxidante e na industria farmacéutica como excipiente para formulacións farmacéuticas. Por exemplo, o antibiótico eritromicina utilízase como o sal lactobionato de eritromicina cando se administra por vía intravenosa.
Notas
Categoría:Disacáridos Categoría:Azucres ácidos Categoría:Diois Categoría:Hidroxiácidos