Bacillati, antes coñecido como Terrabacteria, é un reino do dominio Bacteria, que contén aproximadamente dous terzos das especies de procariotas, incluíndo as dos filos de bacterias grampositivas (Actinomycetota e Bacillota) así como os filos Cyanobacteriota, Chloroflexota, e Deinococcota.

Estas bacterias sufriron presións evolutivas para desenvolver a súa vida en terra (continentes). As Bacillati posúen importantes adaptacións, como a resistencia aos perigos ambientais (por exemplo, desecamento, radiación ultravioleta e alta salinidade) e a fotosíntese oxixénica. Ademais, as propiedades únicas da parede celular dos taxons grampositivos, que probablemente evolucionaron en resposta ás condicións terrestres, contribuíron á patoxenicidade de moitas especies. Estes resultados abren agora a posibilidade de que as adaptacións terrestres puideron ter un papel máis importante na evolución procariota do que actualmente se pensa.

"Terrabacteria" (sinónimo de Bacillati) foi proposto en 2004 para incluír Actinomycetota, Cyanobacteriota e Deinococcota e foi ampliado despois para incluír tamén a Bacillota e Chloroflexota. Outras análises filoxenéticas apoiaron a estreita relación entre estes filos. A maioría das especies de procariotas non situadas en Bacillati asignáronse ao taxon Hydrobacteria, (que tamén se coñece como Pseudomonadati)https://lpsn.dsmz.de/kingdom/pseudomonadati en referencia ao ambiente húmido onde se supón vivía o antepasado común das especies deste grupo. Algunhas análises filoxenéticas moleculares non apoian esta dicotomía entre Bacillati e Hydrobacteria, pero as análises xenómicas máis recentes, incluíndo as que estaban baseadas nunha árbore enraizada, atoparon que estes dous grupos eran monofiléticos.

Bacillati e Hydrobacteria crese que diverxeron hai uns 3.000 millóns de anos, o que suxire que as terras (continentes) foran colonizadas polos procariotas nesa época. Bacillati e Hydrobacteria xuntos forman un gran grupo que contén o 97 % dos procariotas e o 99 % de todas a especies de Bacteria coñecidas en 2009, e foron ambas situadas no taxon Selabacteria, en alusión ás súas capacidades fototróficas (selas = 'luz'). Actualmente, discútense os filos bacterianos que están fóra de Bacillati + Hydrobacteria, para deste xeito xustificar o taxon Selabacteria, e poden ser incluídos ou non no taxon Fusobacteria.

O taxon “Glidobacteria” incluía algúns membros de Bacillati pero excluía os grandes grupos de grampositivos Bacillota e Actinomycetota, e non estaba apoiado por datos filoxenéticos moleculares. Ademais, o artigo en que se lle daba o nome de Glidobacteria non incluía unha filoxenia molecular ou análises estatísticas e non seguía o sistema de tres dominios, amplamente aceptado. Por exemplo, afirmaba que os eucariotas se separaron de Archaea moi recentemente (hai ~900 millóns de anos), o cal é contraditorio co rexistro fósil, e que a liñaxe de eucariotas + Archaea estaba aniñada dentro de Bacteria como unha parente próxima de Actinomycetota.

En 2022 introducíronse novas regras para os taxons da categoría de reino nos procariotas, e os mesmos dous autores que propuxeron estas novas regras, propuxeron novos nomes en 2024. Concluíron que “a solución taxonomicamente preferible para os reinos bacterianos parece ser aceptar a aparente subdivisión no estudo de Battistuzzi e Hedges,” with refinement. O novo nome (e o único válido) é o de reino Bacillati.

Filoxenia A árbore filoxenética de acordo coas análises filoxenéticas de Battistuzzi e Hedges (2009) é a seguinte cunha calibración de reloxo molecular.

miniatura|center|480px

Análises moleculares recentes atoparon aproximadamente as mesmas relacións incluíndo outros filos, cuxas relacións eran incertas.

Por outra parte, Coleman et al. nomearon o clado composto por Thermotogota, Deinococcota, Synergistota e os relacionados DST e ademais a análise suxire que as bacterias ultrapequenas (grupo CPR) poden pertencer a Bacillati e están máis estreitamente relacionadas con Chloroflexota. De acordo con este estudo o filo Aquificota, ás veces incluído, pertence a Hydrobacteria e que o filo Fusobacteriota pode pertencer tanto a Bacillati coma a Hydrobacteria. O resultado foi o seguinte:

Notas

Categoría:Bacterias Categoría:Taxonomía