Estudiantes en Movimiento (EeM) foi unha rede confederal de sindicatos estudantís española fundada no ano 2006.
Durante a súa existencia, mantivo unha estreita vinculación coa Unión de Juventudes Comunistas de España (UJCE).
Historia A rede nace no ano 2006 como unha confluencia de 14 organizacións de distintos territorios do estado.
O 6 de maio do 2021, EeM e Frente de Estudiantes (FdE) convocan de forma conxunta unha «xornada de loita» contra as reformas na Lei de Universidades. O 18 de novembro do mesmo ano, as dúas organizacións, xunto coa Coordinadora de Representantes de Estudiantes de Universidades Públicas (CREUP), impulsaron outra xornada de mobilizacións, despois da cal foron convocadas a unha reunión co Ministerio de Universidades.
O 24 de marzo do 2022, EeM e FdE volven participar nunha convocatoria conxunta de folga estudantil a nivel estatal.
A finais de 2023, tras anos de fracaso nos intentos de reactivación da estrutura, esta remata por cesar a súa actividade sen chegar nunca a declarar formalmente a súa disolución.
Notas
Categoría:Asociacións de estudantes