Charles William Fremantle, nado en Swanbourne, Buckinghamshire, o 12 de agosto de 1834 e finado en Londres o 8 de outubro de 1914, foi un funcionario do Goberno británico que exerceu durante 26 anos como Deputy Master of the Mint, un posto equivalente ao de director executivo da Real Casa da Moeda do Reino Unido.

Educado no Eton College, en Eton, Berkshire, Fremantle ingresou no Tesouro en 1853 como empregado. Traballou como secretario privado de varios altos funcionarios e políticos, o derradeiro deles Benjamin Disraeli, tanto no seu período como ministro de Facenda, como en 1868 sendo xa primeiro ministro. O nomeamento de Fremantle como Deputy Master of the Mint por Disraeli suscitou certa controversia, aínda que contou co apoio do seu rival político William Gladstone.

Fremantle comezou como director adxunto —Deputy Master— da Casa da Moeda como axudante de Thomas Graham cando este era o seu director —Master of the Mint—. Cando Graham morreu, en setembro de 1869, o Tesouro decidiu vincular ex officio o título de Master of the Mint co de ministro de Facenda dun xeito simplemente cerimonial, o que levaba consigo que a partir de entón o Deputy Master pasase a ser o verdadeiro xefre executivo da Casa da Moeda. Nesta nova condición, Fremantle comezou a traballar para modernizar a anticuada Royal Mint, aínda que gran parte do seu traballo tivo que esperar ata que a ceca fose reconstruída nas súas instalacións de Tower Hill, en Londres,  en 1882. Fremantle tratou de embelecer a cuñaxe e, considerando que o gravador xefe da Casa da Moeda, Leonard Charles Wyon, non estaba á altura da tarefa, tratou de facelo resucitando deseños clásicos de moedas británicas, como a representación de San Xurxo e o dragón que Benedetto Pistruci creara para o soberano.

En 1894, á idade de sesenta anos, Fremantle xubilouse da Real Casa da Moeda e, a partir dese momento, pasou un tempo como directivo de varias compañías e como maxistrado. Finou en 1914, pouco menos de dous meses despois de facer os oitenta anos.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Charles William Fremantle, nado en Buckinghamshire en 1834, era o terceiro fillo de Louisa Nugent (1803-1875) e de Thomas Fremantle (1798-1890), que logo sería barón de Cottesloe."Hon. Sir Charles William Fremantle". Geni.com Recibiu a súa educación en Eton e logo ingresou no Tesouro como empregado en abril de 1853. Alí traballou como secretario privado de varios altos funcionarios, entre eles Henry Brand, que máis tarde chegaría a presidir a Cámara dos Comúns.Forrer, L. (1923). Páxinas 323-325.Moon, G. W. (ed.) (1891).

Cando Benjamin Disraeli foi nomeado Chanceler do Tesouro (ministro de Facenda) en 1866, Fremantle pasou a ser o seu secretario privado, logo de ser recomendado para ese posto recomendado a Disraeli por Brand, que fora anteriormente secretario parlamentario do Tesouro."Notes from Truth". En Bristol Evening Post. 15 de outubro de 1914. Páxinas 7. En 1867, Fremantle foi nomeado secretario da comisión de límites dos distritos electorais en virtude da Lei de Reforma de 1867. Cando Disraeli se converteu en primeiro ministro a principios de 1868, Fremantle foi un dos seus secretarios privados, xunto con Montague Corry,"The New Ministry and Official Appointments". En The Ipswich Journal. 7 de marzo de 1868. p. 7. e mantivo ese cargo ata que foi nomeado Deputy Master da Real Casa da Moeda do Reino Unido en decembro dese mesmo ano."General News". En Cambria Daily Leader. 4 de decembro de 1868. Páxina 3.

Dirección da Casa da Moeda de Londres

Nomeamento como Deputy Master miniatura|O primeiro ministro Benjamin Disraeli nomeou como Deputy Master of the Mint a Fremantle, ata entón o seu secretario privado."Benjamin Disraeli, Earl of Beaconsfield". National Portrait Gallery (NPG.org.uk). En 1868, o posto de Deputy Master —daquela equivalente a subdirector— da Real Casa da Moeda ficara vacante coa morte de William Barton, e o nomeamento do seu sucesor era competencia do primeiro ministro, Disraeli, quen decidiu designar a Fremantle. Disraeli consideraba que a Royal Mint fora dirixida ata entón polo Master of the Mint, o químico Thomas Graham, con pouca enerxía ou habilidade administrativa, e que se beneficiaría dunha infusión de sangue novo. Robert Mushet, secretario da ceca londiniense desde había moito tempo, desexaba o posto, co apoio de Graham e do antigo Master, John Herschel, e o nomeamento de Fremantle foi cuestionado no Parlamento. Disraeli defendeu o nomeamento, negando que Fremantle fóra o seu protexido político e afirmando que este fora elixido pola súa xuventude e pola súa experiencia no Tesouro. O rival político de Disraeli, William Gladstone, que no seu día fora tamén Master of the Mint, coincidiu co seu rival Disraeli en que a Real Casa da Moeda necesitaba alguén de fóra que traballara previamente nun dos grandes departamentos do Estado. Segundo os historiadores numismáticos G. P. Dyer e P. P. Gaspar, en The New History of the Royal Mint, «cos grandes homes así de acordo, a Cámara contentouse con deixar pasar o asunto».Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 516."Deputy Master of the Royal Mint 1868-1894". The Royal Mint Museum (Royalmintmuseum.org.uk).

Disraeli tamén declarou que Graham apoiou o nomeamento, aínda que Dyer e Gaspar consideraron significativo que non se lle avisase con antelación. Segundo o autor John Craig, na súa historia da Real Casa da Moeda, «a Administración xeral de Graham causou certo malestar» e Fremantle foi nomeado «para recompor o lugar».Craig, John (2010) . Páxina 326.

Reformas de 1870 Logo dunha comisión real en 1848, a Real Casa da Moeda reorganizárase en 1851, e déuselle á Company of Moneyers, o gremio co que o Goberno fixera as súas contratacións durante moito tempo para a produción de moeda, un aviso con tres meses de antelación, segundo o previsto no contrato.Craig, John (2010) . Páxinas 317-319. No momento do nomeamento de Fremantle, o seu superior Thomas Graham —que fora nomeado en 1855— pasara de intentar reformas a ser o branco de acusacións de corrupción e nepotismo.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 514-516.

Graham faleceu o 16 de setembro de 1869. Así as cousas, coa vacante no posto de Master of the Mint púidose tomar en consideración a reforma máis doadamente, e Fremantle traballou con Charles Rivers Wilson, un antigo colega no Tesouro, nun informe, presentado o 6 de novembro, no que recomendaban que a Real Casa da Moeda se trasladase a un lugar máis pequeno, xa fóra nas súas actuais instalacións de Tower Hill, ou nalgún lugar máis próximo á City de Londres.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 527-528. Herschel e Graham eran científicos sobranceiros, mais no informe Fremantle-Wilson considerábase que ese factor non era relevante para dirixir a Casa da Moeda, senón que o que cumpría era «un control activo e intelixente, e a aplicación dunha experiencia ben formada en asuntos de negocios».Craig, John (2010) . Páxina 327.

Nun informe suplementario do 17 de novembro, Fremantle e Wilson recomendaron reducións de persoal e salarios, e propuxeron que o posto de Fremantle de Deputy Master fose eliminado por innecesario;Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 518. é probable que Fremantle esperase que se lle dese o título vacante tras a morte de Graham. O Tesouro aceptou a maioría das recomendacións propostas no informe cun acordo datado o 7 de xaneiro de 1870, mais no canto da abolición do posto de Deputy Master, optouse por que o Master of the Mint pasase a ser un título honorífico e sen soldo ligado ex officio ao cargo de ministro de Facenda, polo que a Casa da Moeda sería dirixida executivamente polo Deputy Master. Estes cambios formalizáronse na Lei da Moeda de 1870, que consolidou as leis anteriores relativas á Real Casa da Moeda nun único documento.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 518-520. Fremantle non recibiu inicialmente o soldo anteriormente correspondente ao Master of the Mint, de 1.500 libras, e isto non se produciu ata uns anos despois.

Modernización da Royal Mint Asumida, xa que logo, a dirección executiva da Real Casa da Moeda, en 1870 Fremantle emprendeu unha xira polas cecas europeas na compaña de William Chandler Roberts, que acababa de ser nomeado químico da Casa da Moeda, e do enxeñeiro James M. Napier. O Tesouro asignou 1.800 libras para os gastos desta viaxe,The Huddersfield Chronicle and West Yorkshire Advertiser. 11 de xuño de 1870. Páxina 8. que tivo lugar de maio a xullo dese ano. No seu informe posterior, Fremantle afirmaba que a Real Casa da Moeda ficara por detrás do resto das cecas europeas en investigación científica e na aplicación das ciencias ao traballo aos labores de cuñaxe. Máis tarde afirmou tamén que desde a instalación en 1816 do equipamento en uso na Royal Mint, todas as cecas continentais fixeran varias actualizacións, mesmo a de Constantinopla, o que convertía ceca londiniense na menos eficiente de Europa.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 520.

Na Lei da Moeda de 1870, o Parlamento esixía que o Deputy Master of the Mint presentase un informe anual que contivese información detallada e estatísticas sobre as actividades da Casa da Moeda. Co primeiro informe, publicado en 1871, Fremantle iniciou unha serie que os investigadores Dyer e Gaspar describiron como «longa e extremadamente útil», e que continuaría durante máis dun século. Publicáronse como documentos parlamentarios e contiñan extensos apéndices de Roberts e outros técnicos.

Aos traballadores da Real Casa da Moeda pagábaselles principalmente a obra feita, por traballos que se puñan en común e se compartían. Isto podía resultar moi duro en épocas de escaseza. En 1870, Fremantle reduciu o pagamento a obra feita e aumentou os salarios semanais, aínda que o pagamento a obra feita na Royal Mint non chegou a suprimirse por completo en favor dos salarios semanais ata 1923, moito despois da marcha de Fremantle.Craig, John (2010) . Páxinas 330-331. Tamén en 1870, Fremantle contratou unha sección de mecánicos para que se ocupasen da reparación da maquinaria e fabricasen os artigos necesarios na fábrica, xa que ata daquela todas as reparacións mecánicas, bardante as máis pequenas, eran subcontratadas. A partir de 1880, a Real Casa da Moeda construíu básculas automáticas para pesar as moedas acabadas de cuñar, con melloras realizadas polos mecánicos da Casa.Craig, John (2010) . Páxina 343.

Para frustración de Fremantle, a reconstrución da Real Casa da Moeda con equipamentos actualizados resultou un proceso difícil mesmo de iniciar, coa cuestión de se se debía reconstruír no lugar existente en Tower Hill ou cumprirían unhas novas instalacións noutro lugar de Londres, todo enlentecido polo Tesouro e pola burocracia parlamentaria. Estes atrasos levaron a un pechamento de case cinco meses en 1876, cando rompeu un equipamento anticuado.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 521-524. Mentres o traslado da Real Casa da Moeda seguía a ser unha posibilidade, segundo Craig, Fremantle «rosmou en van durante doce anos de procura dunha nova localización».Craig, John (2010) . Páxina 334.

As negociacións para que o Goberno adquirise terreos municipais na zona de Whitefriars, na City londiniense, comezaron en 1878, pero tres anos de discusións non deron resultado e unha comisión da Cámara dos Comúns decidiuse por unha reconstrución en Tower Hill. Fremantle opúxose porque isto requiriría un pechamento completo da cuñaxe, aínda que pasou a estar de acordo cando se coñeceu que o Banco de Inglaterra posuía unha reserva anormalmente grande de moedas de ouro, que a cuñaxe de bronce podería ser contratada á ceca privada Ralph Heaton & Sons de Birmingham, e que se podería acumular unha reserva de moedas de prata antes do comezo dos traballos o 1 de febreiro de 1882.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 525.