miniatura|Clasificación climática de Köppen en Estonia. Estonia atópase na parte norte da zona de clima temperado e na zona de transición entre o clima oceánico e o continental. Debido a que Estonia (e todo o norte de Europa) está continuamente quentada polo aire marítimo influenciado polo contido de calor do norte do océano Atlántico, ten un clima máis suave a pesar da súa latitude norte. O mar Báltico provoca diferenzas entre o clima das zonas costeiras e do interior.
Estonia ten catro estacións de duración case igual. As temperaturas medias oscilan entre nas illas bálticas até os no interior e no mes de xullo, o mes máis cálido, e dende nas illas bálticas a no interior e en febreiro, o mes máis frío. miniatura|Reserva natural de Endla. miniatura|Piñeiros novos no inverno. A temperatura media anual en Estonia é de . O clima tamén está influenciado polo océano Atlántico, a corrente do Atlántico norte e o mínimo de Islandia, que é unha zona coñecida pola formación de ciclóns e onde a presión media do aire é máis baixa ca nas zonas limítrofes.
Estonia atópase nunha zona húmida na que a cantidade de precipitacións é maior ca a evaporación total. A precipitación media entre 1991 e 2020 variou entre ao ano e foi máis intensa a finais do verán. Hai entre 102 e 127 días de choiva ao ano, e a precipitación media foi a máis abundante nas ladeiras occidentais de Sakala e Haanja.
Temperatura
Notas
Véxase tamén
Categoría:Xeografía de Estonia