A Academia de Ciencias de Estonia (estoniano: Eesti Teaduste Akadeemia, en latín: Academia Scientiarum Estoniae) é a academia nacional de ciencias de Estonia. Adoita establecerse a súa fundación en 1938 cando se crea a Academia de Ciencias que durou até 1940. En 1946, creouse a Academia de Ciencias da República Socialista Soviética de Estonia, e funcionou de xeito continuado até que, en 1989, recuperou o nome orixinal e continuou como sucesora legal da anterior academia de época soviética.

O seu lema é "Facta non solum verba" (en galego, Accións, non só palabras).

Historia A Academia pasou por varias etapas.

1938–1940 Aínda que xa anteriormente se quixera establecer unha Academia, non se conseguira pola escaseza de investigadores estonianos de calidade. No entanto, o 12 de xaneiro de 1938, o Goberno da República estableceu un comité interministerial para revisar o proxecto de Lei sobre a Academia de Ciencias de Estonia. Finalmente, foi creada o 28 de xaneiro de 1938 pola Lei sobre a Academia de Ciencias de Estonia (SK VI 1938, 2, 2), que entrou en vigor o 4 de febreiro de 1938. Con motivo da súa fundación, o goberno italiano entregou unha enciclopedia Italiana de 36 volumes.

A Academia era autónoma na organización das súas actividades, e estaba dirixida polo presidente da Academia, que era nomeado polo presidente da República entre os académicos por un período de cinco anos. A Academia estaba dividida nunha sección de humanidades e ciencias naturais. A afiliación da Academia estaba prevista para ter 20 membros activos. A membresía da Academia estaba aberta a cidadáns estonianos que avanzaran na ciencia de forma destacada a través do seu traballo científico e demostrasen a capacidade de organizar o traballo científico. O límite de idade dos membros da Academia era de 70 anos, despois dos cales eran eméritos.

A Academia tiña como misión principal:Pau Pedrón (2010), pp. 180-181

A Academia foi liquidada o 17 de xullo de 1940, por unha lei promulgada como decreto do presidente da República do 20 de xullo de 1940. Johannes Semper, o ministro de Educación no goberno de Johannes Varese, xustificou a liquidación dicindo que a Academia "estaba composta demasiado unilateralmente só por aquelas persoas que apoiaban o goberno anterior e as súas actividades". O presidente do comité de liquidación da Academia foi Teodor Lippmaa. En 1941, o reitor da Universidade de Tartu, Edgar Kant, intentou restaurar as actividades da academia, pero non tivo éxito.

1946-1960 O 19 de xaneiro de 1946, en Moscova, fundouse a nova Academia de Ciencias da República Socialista Soviética de Estonia, a partir dun decreto do Consello de Comisarios do Pobo da URSS. En 1953, rematouse o novo edificio dos Institutos da Academia de Ciencias da República Socialista Soviética de Estonia.

1960-1989 Nesta etapa, creáronse 3 departamentos: o de Ciencias Físico-Técnicas e Matemáticas, o de Ciencias Químico-Tecnolóxicas e Biolóxicas e o de Departamento de Ciencias Sociais. Estes Departamentos incluían máide de 20 Institutos de investigación científica; entre eles: o de Economía, o de Química, o de Cibernética, Xeoloxía ou o de Historia.

Obxectivos Os Estatutos actuais da Academia (adoptados en 2013) establecen: "A Academia de Ciencias de Estonia é unha asociación de científicos destacados e outras persoas creativas, establecida en 1938 pola Lei da Academia de Ciencias de Estonia, cuxa tarefa é desenvolver e representar a ciencia de Estonia, contribuír á implementación de resultados de investigación en interese de Estonia, o pensamento científico e a cultura en Estonia".

Como outras academias nacionais, está formada por un grupo de eminentes científicos cuxo obxectivo declarado é promover a investigación e o desenvolvemento, fomentar a cooperación científica internacional e difundir o coñecemento ao público.

Seccións A Academia ten catro divisións ou seccións:

División de Astronomía e Física (en estoniano: Astronoomia ja füüsika osakond) División de Informática e Enxeñaría (en estoniano: Informatika ja tehnikateaduste osakond) . División de Bioloxía, Xeoloxía e Química (en estoniano: Bioloogia, geoloogia ja keemia osakond). División de Humanidades e Ciencias Sociais (en estoniano: Humanitaar- ja sotsiaalteaduste osakond).

Membros En xaneiro de 2018, contaba con 73 membros estonianos e 17 membros estranxeiros. O 9 de outubro de 2024, Mart Saarma foi elixido presidente da Academia de Ciencias de Estonia e o seu mandato de cinco anos comezou o 8 de decembro de 2024.

Localización O edificio principal da Academia de Ciencias de Estonia está situado no número 6 da rúa Kohtu en Talín. O edificio chamado Ungern-Sternberg foi construído entre 1865 e 1868 segundo planos do arquitecto Martin Gropius.

Premios A Academia concede varios premios. O premio máis prestixioso é a Medalla da Academia de Ciencias de Estonia que se concede "por servizos destacados no desenvolvemento da ciencia de Estonia ou por axudar a avanzar no seu desenvolvemento, así como polos servizos no desempeño de tarefas da Academia de Ciencias de Estonia".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Estonia Categoría:Academias científicas