Elmo Nüganen, nado en Jõhvi o 15 de febreiro de 1962, é un director de teatro, director de cinema e actor estoniano. Foi o director artístico do Teatro Municipal de Talín dende 1992.
Traxectoria Licenciouse na Academia de Música e Teatro de Estonia en 1988 e despois foi profesor na academia entre 1998 e 2002 e entre 2008 e 2012. Dirixiu os filme bélicos Nimed marmortahvlil de 2002 e 1944 de 2015. Nimed marmortahvlil foi visto por máis de 168.000 persoas en Estonia e foi escollido para o Festival de Cinema de Taormina de 2003, mentres que 1944 rexistrou a semana de estrea nos cinemas máis exitosa da historia do cinema estoniano e converteuse na proposta de Estonia para o Óscar ó mellor filme internacional.
Nüganen recibiu múltiples premios polo seu traballo no teatro, incluíndo o Premio Anual de Teatro de Estonia ao mellor director en 1992, 1995, 2000, 2007 e 2010, e o Premio Cultural Nacional de Estonia en 1996, 1999 e 2009.
Vida persoal Nüganen ten ascendencia finesa de Ingria. Casou coa actriz Anne Reemann. Tiveron tres fillas, Saara, Maria-Netti e Sonja.
Filmografía Como director +DirectorAnoTítulo2002Nimed marmortahvlil2006Meeletu201519442022Apteeker MelchiorApteeker Melchior. ViirastusApteeker Melchior. Timuka tütar
Como actor +ActorAnoTítuloPapel1990Ainus pühapäevAleksAinult hulludele ehk halastajaõdeRhine Militia1992Mälestus sinistes kildudes. Bernard KangroJoonatan1993SuflöörRobertMarraskuun harmaa valo1994Armastus kolme apelsini vastu1997Kapsapea 2 ehk Tagasi EuroopasseVoz2002Nimed marmortahvlilComandante2012SeenelkäikDono da gasolineiraPuhastusPaiDeemonidEstraño2013MandariinidMargus2017Lotte loodAvó de Lotte2018PortugalXefe2020O2Kurg
Notas
Véxase tamén Outros artigos Teatro Municipal de Talín
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Actores de cinema de Estonia Categoría:Actores de teatro de Estonia Categoría:Directores de cinema de Estonia Categoría:Estonianos de ascendencia finesa