Estudantes en Movemento Galiza (coñecido ata 2021 como Acción Universitaria), foi a federación galega da rede estatal de Estudiantes en Movimiento.
Historia Ó longo da súa historia, e ó igual que o conxunto do movemento estudantil, a organización centrou gran parte da súa actividade en mobilizacións en contra das sucesivas leis educativas.
En 2020 muda o nome de Acción Universitaria a Estudantes en Movemento Galiza, abrindo a participación a estudantado de ensinanzas medias e formación profesional; ámbitos nos que, porén, nunca acadou moita militancia.
En 2021, a organización mobilízase en contra do proxecto da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), proxecto de universidade privada promovido por Afundación nas cidades da Coruña e Vigo.
En maio de 2021 e marzo de 2022, EeM Galiza participa das convocatorias estatais coordinadas con Frente de Estudiantes.
No curso 2022-23, participa de mobilizacións convocadas polo persoal non docente da USC en contra das medidas tomadas pola universidade "coa escusa do plan de aforro enerxético".
En outubro de 2023, realizouse un relatorio acerca do fracaso do movemento estudantil, sendo este o último acto levado a cabo polo sindicato.
Notas
Categoría:Asociacións de estudantes