Emilio Prieto Saavedra, nado en Becerreá cara a 1889 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1975, foi un político galego.

Traxectoria Concelleiro de Becerreá, foi nomeado alcalde de Becerreá en 1920.BOP Lugo, 9-4-1920, p. 2. Cesou no cargo en 1922. Foi nomeado concelleiro de Becerreá en abril de 1930, e foi segundo tenente alcalde.La Voz de la Verdad, 4-4-1930, p. 3. Na Segunda República foi deputado provincial de 1934 a 1936.El Progreso, 12-8-1934, p. 11. Nas eleccións de febreiro de 1936 formou parte do comité electoral da coalición de dereitas de Becerreá.La Voz de la Verdad, 12-2-1936, p. 1. No franquismo foi delegado comarcal sindical de Becerreá en 1943.El Progreso, 6-5-1943, p. 2. Finou en Becerreá o 20 de setembro de 1975 con 86 anos.El Progreso, 21-9-1975, p. 6.

Vida persoal

Casou con Carmen Valcarce Arrojo, que finou en Madrid o 28 de xaneiro de 1970.El Progreso, 28-1-1970, p. 6. Notas

Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1975