Toila (estoniano: Toila vald) é un concello rural no condado de Ida-Viru, no nordés de Estonia. O municipio ten unha superficie de 266 km² e no ano 2024 tiña unha poboación de 4 268 habitantes.

O concello de Toila formouse tras a reforma administrativa dos concellos estonianos de 2017 mediante a fusión dos municipios rurais de Kohtla-Nõmme, Toila e Kohtla.”Kõik omavalitsuste ühinemised ja liitumised on jõustunud”. Rahandusministeerium. 13 de novembro de 2017 Orixinalmente, tamén se planeou a súa unión ao concello de Jõhvi. A finais de 2022, os concellos de Toila e Jõhvi iniciaron de novo as conversas de adhesión. O 18 de decembro de 2024 os dous concellos aprobaron a súa fusión. A unión terá lugar despois das eleccións municipais de outubro de 2025.

No muncipio de Toila hai unha vila (Kohtla-Nõmme), dúas vilas pequenas (Toila e Voka) e 26 aldeas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do concello

Categoría:Concellos de Estonia