Neugrund é un cráter de meteorito en Estonia. Ten 8 km de diámetro e estimouse previamente que se formou no Ordovícico hai uns 470 millóns de anos, aínda que investigacións posteriores revelaron unha posíbel orixe cámbrica (hai uns 535 millóns de anos). O cráter atópase no fondo mariño e non está exposto á superficie. Crese que a explosión expulsou bloques de brecha de gneis atopados na costa de Osmussaare, unha illa próxima.

Orixe Propúxose que o cráter Neugrund se formou durante o evento meteórico do Ordovícico cando un hipotético asteroide de gran tamaño foi transferido directamente a unha órbita resonante con Xúpiter, que cambiou a súa órbita para interceptar a Terra. Esta teoría podería ter que ser modificada, xa que estudos máis recentes sitúan a idade do impacto no Cámbrico.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cráteres da Terra Categoría:Xeografía de Estonia