Nikolai Reek, nado en Talín o 1 de febreiro de 1890, e finado en Usollag o 8 de maio de 1942, foi un militar estoniano, comandante durante a guerra estoniana de independencia.
Traxectoria En 1910, graduouse na Academia Militar Chuguyev. Participou na primeira guerra mundial, en 1917 graduouse na Academia Militar Imperial Nicolao. Reek uniuse ás unidades de Estonia en 1917 e foi Xefe de Estado Maior ata a disolución destas unidades. Despois diso organizou a Liga de Defensa en Virumaa. Na Guerra de Liberación de Estonia, Reek foi primeiro comandante do 5º rexemento na Fronte de Viru, en xaneiro de 1919 converteuse en Xefe de Estado Maior da 1ª División, en abril converteuse en Xefe de Estado Maior da 3ª División. Reek xogou un papel importante na vitoria da guerra contra Baltische Landeswehr. En setembro de 1919 acadou o grao de coronel e serviu como Xefe de Estado Maior da Fronte Viru. Despois da guerra, Reek serviu repetidamente en postos de Xefe de Estado Maior, Ministro de Defensa e Comandante da 2a División. En 1938 Reek foi ascendido a tenente xeneral. En 1939 foi nomeado ministro de Defensa no gabinete de Jüri Uluots. En 1941 as autoridades de ocupación da Unión Soviética arrestaron a Reek, levárono preso a Usollag e ao ano seguinte executárono.KINDRALLEITNANT NIKOLAI REEK: LÜHIÜLEVAADE ELU- JA TEENISTUSKÄIGUST
Reek recibiu a Orde Militar letoa de Lāčplēsis de 2ª clase.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Nikolai Reek Ülo Kaevats et al. 2000. Eesti entsüklopeedia 14. Tallinn: Eesti Entsüklopeediakirjastus,
Categoría:Nados en 1890 Categoría:Nados en Talín Categoría:Finados en 1942 Categoría:Militares de Estonia Categoría:Finados en campos de traballo do Gulag