Mart Saar, nado en Hüpassaare o 28 de setembro de 1882, e finado en Talín o 28 de outubro de 1963, foi un compositor, organista e recolector de cancións populares estoniano.

Traxectoria miniatura|Lugar de nacemento de Mart Saar. Saar naceu no pequeno distrito de Hüpassaare (hoxe en Karjasoo, Suure-Jaani), Kreis Fellin na Gobernación de Livonia, daquela parte do Imperio Ruso (hoxe Estonia), fillo de Mihkel e Ann Saar (nada Kimmel). O seu pai traballaba no negocio forestal. Era o máis vello de catro irmáns: Anna (1885–1968), Hans (1895–1979) e Jaan (1897–1898). Recibiu a súa educación na escola da aldea en Kaansoo e na escola de Suure-Jaani. O seu mestre de música en Suure-Jaani foi Joosep Kapp, pai de Artur Kapp, outro compositor estoniano de sona. Ademais, o pai de Saar era un organista talentoso, que lle daba clases na casa.

En 1901, Saar deixou a casa para estudar música no Conservatorio de San Petersburgo. Licenciouse en 1908 pero optou por continuar os seus estudos. Despois de graduarse en 1911, converteuse en profesor de música en Tartu. Dez anos máis tarde, en 1921, trasladouse a Talín, como compositor e organista autónomo. Pasaba os veráns no seu barrio natal de Hüpassaare.

En agosto de 1915, casou con Elise Paalmann. A parella tivo dous fillos, Heli (1917–1975) e Ülo (1927–1945). O matrimonio rematou nun divorcio cando Elise se trasladou aos Estados Unidos en 1937, esperando inicialmente que Saar se unise a ela. Porén, Saar decidiu que non quería saír de Estonia. Saar máis tarde casou con Magda Elisabeth Takk e tivo unha filla chamada Tuuli.Postimees.Helilooja tütar kaalub Hüpassaare maja riigilt tagasiküsimist. 7 de agosto de 2002. Consultado o 7 de xuño de 2016.

Obras seleccionadas As obras para coro mixto inclúen: Põhjavaim (Espírito do Norte) Seitse Sammeldunud Sängi (Sete tumbas revestidas de musgo) Oh Kodumaa (Oh, a miña patria) Mis Sa Nutad, tammekene? (Por que choras, carballo?) Kõver Kuuseke (Abeto Torcido) Mälestus (Unha lembranza) Allik (Wellspring)

As obras para coro masculino inclúen: Küll ma Laulaks (I Would Sing)

As obras para coro feminino inclúen: Päikesele (Ao Sol)

As cancións de solista inclúen: Must Lind (Black Bird) Lauliku Talveüksindus (Soidade invernal do cantante)

A música de piano inclúe: 20 Rahvaviisi (20 cancións populares) Eesti Süidid (Suites de Estonia) Prelüüd ja Fuuga G-duur (Preludio e fuga en sol) Humoresk (humoresco) Skizze (Preludios)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía de Mart Saar Exemplos da música para piano de Saar

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Músicos de Estonia Categoría:Musicólogos Categoría:Pianistas