María Álvarez Landesa, nada en Vigo o 20 de febreiro de 1970, é unha docente e escritora galega.
Traxectoria
Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela e completou a formación na Université de Bourgogne - Faculté Droit-Lettres -Dijon. Exerce a docencia nun colexio de Vigo. Forma parte do colectivo de escrita feminista As Comadres das Letras.
Obras
Como dúas crebas (2022). A Coruña: Medulia Ed. 50 páxs. ISBN 978-84-124948-3-9. Os pozos elegantes das clavículas (2024). Santiago: Alvarellos. 66 páxs. ISBN 978-84-18567-63-6. Cun limiar de Míriam Ferradáns e un código QR que dá acceso á lectura dos poemas coa música de Paco Dicenta.
Obra colectiva
Contármonos (2023). Santiago: Alvarellos. Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina (2024). Antoloxía de AA.VV. Tempo Galiza Editora,
Premios
2022: Terceiro premio do certame de micropoemas Vilariñas, organizado polo colectivo NPG. 2023: Finalista en aRi(t)mar co poema “Ser mar” . 2023: Segundo premio do VIII Certame de poesía Manuel María, organizado pola Casa de Galicia en Gipuzkoa. 2025: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de Poesía por Os pozos elegantes das clavículas.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela