Gonzalo Pardellas Puga, nado en Pontevedra o 25 de novembro de 1908 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1987, foi un mestre galego.
Traxectoria Entudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1928.El Diario de Pontevedra, 30-5-1928, p. 2. Fixo o servizo militar no Rexemento de Infantería de Murcia e foi premiado no concurso literario organizado polo Rexemento en decembro de 1930.El Progreso, 11-12-1930, p. 2. Foi nomeado mestre de Salcedo en novembro de 1931.El Progreso, 4-11-1931, p. 2. Aprobou as oposicións de maxisterio en 1932.El Progreso, 28-8-1932, p. 2. Recibiu unha homenaxe dos alumnos da escola de Salcedo cando marchou en setembro de 1933.El Pueblo Gallego, 5-9-1933, p. 12. Foi socio fundador da Casa del Maestro de Pontevedra.El Noticiero Gallego, 18-2-1934, p. 2. Destinado a Morcelle (Becerreá) en marzo de 1934,El Pueblo Gallego, 11-3-1934, p. 12. foi trasladado a Arcos (Ponteareas) en agosto.El Noticiero Gallego, 18-8-1934, p. 1.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en agosto.El Pueblo Gallego, 13-8-1936, p. 5. O seu expediente de depuración resolveuse con separación definitiva do servizo e baiza na escala en maio de 1940;El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2. revisado o expediente foi finalmente sancionado en 1942 con suspensión de emprego e soldo polo tempo en que estivo suspendido, traslado fora da provincia por cinco anos e inhabilitación para cargos directivos.El Noticiero Gallego, 11-2-1942, p. 2. Foi mestre do Colexio Minerva de Pontevedra. Volveu exercer como mestre nacional nas escolas de Carracedo,El Noticiero Gallego, 25-5-1942, p. 2. Campañó e O Campiño, onde se xubilou na década dos setenta. Finou en Pontevedra o 14 de xaneiro de 1987.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-2-1987, p. 59.
Recoñecementos Unha rúa na Pobra do Caramiñal leva o seu nome dende 2001.La Diputación invirtió 48 millones en la mejora del acceso a la playa de Cabío
Vida persoal
Casou con Pilar de Blas Amor e foi pai de Gonzalo, Xulio e Celestino Pardellas de Blas. Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1987