Josefa Martínez Gay, nada en Castelo de Abaixo (Castelo, Culleredo) en 1928 e finada en Carral o 16 de febreiro de 1989, foi unha cantante e empresaria galega.

Traxectoria Con cinco irmáns, de nova quedou orfa de nai e traballou como costureira para axudar na economía doméstica. En 1945 comezou a cantar nas orquestras Mallo e Guiliades, e foi regueifeira. Tras quedar embarazada e o seu amante non querer casar con ela, en 1954 emigrou a Venezuela, onde comezou a cantar na Billo's Caracas Boys e con orquestras galegas que ían ata alá. Alí casou cun home italiano e foi nai de novo, mais o marido non lle deixou seguir actuando. Enviuvou e fíxose cargo do negocio de comida italiana do home, e despois pasou a traballar como patronista nunha fábrica téxtil, indo en ocasións coa empresa aos Estados Unidos de América.

Tras pechar a empresa na que traballaba en 1981 regresou a Galicia, e montou o café-cantante A Martela en Tabeaio (Carral), onde actuaba. En 1988 traspasou o local, ao saber que tiña unha doenza terminal.

Recoñecementos En 2022 recibiu unha homenaxe no festival Castelo Conta, e o artista urbano Mon Devane realizou un mural coa súa imaxe. Vida persoal

Tivo dous fillos: José Luis e Ubaldo Juan.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

"Pepe Marqués (Choco) y Finita Gay en A Martela - Tabeaio, 28 de abril de 1986", en YouTube.

Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Galegos de Venezuela