A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e aínda máis é un libro escrito por Xoán Manuel Pintos publicado en 1853. É a obra máis importante deste precursor do Rexurdimento. Está escrito alternando verso e prosa.Vista previa dunha edición facsímile en Google Books.
Antecedentes Hai algúns textos anteriores á gaita gallega que se poden considerar os seus antecedentes: As sete foliadas publicadas en 1853 nun xornal pontevedrés. Algúns destes textos aparecerán n' A gaita gallega. Textos anteriores a 1852, como algúns dos publicados no xornal Los misterios de Pontevedra, que tamén foron incluídos n' A gaita gallega.
Personaxes A unidade da obra reside nos seus dous personaxes principais, que fan dela todo un manual dos costumes e a lingua de Galiza. Estes personaxes son: Cristus, gaiteiro que explicará cuestións referentes á lingua e os costumes. Pedro Luces, tamborileiro non galego destinatario das explicacións de Cristus.
Temática miniatura|Dedicatoria manuscrita de Pintos a Antonio de la Iglesia, na páxina da cita inicial (do Marqués de Santillana) nun exemplar de A gaita gallega.Biblioteca Virtual Galega A temática da obra é moi variada, pero esencialmente é un manual da lingua do noroeste peninsular. E non só iso, senón que tamén se fai unha defensa da lingua galega, un feito de gran transcendencia tendo en conta que o autor é de clase social elevada.
Inclúe unha transcrición na "Foliada 4ª"A transcrición do orixinal en latín ocupa as páxinas 106-122 da obra Carmen patrium sive Pontevedra do relixioso pontevedrés Hermenegildo Amoedo Carballo, que foi publicada en Boloña en 1787 e está escrita orixinalmente en latín en romance con 429 versos hendecasílabos, así como unha tradución libre ao galego na "Foliada 6" co título "Canto a miña terra ou sea Pontevedra".A tradución libre ao galego está nas páxinas 177-199
Transcendencia É a obra máis importante do século XIX antes da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, xa que combina composicións de contido social ("O achadizo") con composicións costumistas ("¡Viva Galicia!").
Edicións O libro foi incluído na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia, na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía : "Pintos Villar, Xoán Manuel" en Gran Enciclopedia Gallega, 2005, en DVD. , coord., (1995): Diccionario da literatura galega I, pp. 466–469, Galaxia, ISBN 84-8288-019-5. Outros artigos Historia da lingua galega Literatura galega do Prerrexurdimento
Ligazóns externas A Gaita Gallega na Biblioteca Virtual Galega.
Categoría:Obras literarias de 1853 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Libros no dominio público Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Xoán Manuel Pintos