George Clerk, nado en Midlothian, Escocia, o 19 de novembro de 1787 e finado na mesma localidade o 23 de decembro de 1867, foi un político tory e alto funcionario escocés, membro do Parlamento do Reino Unido e Deputy Master of the Mint.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Clerk naceu preto de Edimburgo en novembro de 1787, terceiro fillo de Janet Irving e do capitán James Clerk (finado en 1793).Anderson, W. (1867). O seu irmán John Clerk-Maxwell, avogado, foi o pai do físico matemático James Clerk Maxwell."Clerk of Pennycuik, Sir George, Bart.". Former Fellows of the Royal Society of Edinbourgh.Mosley, C. (ed.). (2003).

En 1798 herdou do seu pai o título nobiliario de baronet, que lle conferiu o nome de Sir George Clerk de Pennycuik, 6º Baronet.

George Clerk estudou na High School de Edimburgo e logo ingresou na Universidade de Oxford, onde se doutorou en Dereito en 1810.

Traxectoria pública

Entre 1812 e 1832, e novamente entre 1835 e 1837 foi deputado por Edinburghshire. Posteriormente foi deputado por Stamford (1838-1847) e finalmente por Dover (1847-1852).

Á marxe da política, tamén ocupou cargos de responsabilidade na Administración, como o de Comisario de Pesas e Medidas (1818-1821), o de Lord do Almirantado (1819-1830), o de Subsecretario de Estado do Interior (de agosto a novembro de 1830), o de secretario parlamentario do Tesouro (1834-1835) e o de secretario financeiro do Tesouro (1841-1845). En 1845 prestou xuramento ante o Consello Privado e foi nomeado vicepresidente da Xunta de Comercio"No. 20440". En The London Gazette. 7 de febreiro de 1845. Páxina 353. e director da Real Casa da Moeda do Reino Unido, cargos que ocupou ata a caída da Administración tory en 1846.Forrer, L. (1923).

En 1812 foi elixido membro da Royal Society of Edinbourgh, por proposta de Thomas Charles Hope, George Stewart MacKenzie e John Playfair. En 1819 ingresou tamén como membro da Royal Society de Londres. Ademais foi presidente da Sociedade Zoolóxica, de 1862 a 1867, e igualmente presidiu a Real Academia de Música.

Vida persoal miniatura|esquerda|A casa familiar de Penicuik House, en Escocia."Pennecuik". En Anderson, W. (1867). The Scottish Nation. Fullarton, Londres. Vol. III. Páxina 282.|260x260px O 13 de agosto de 1810, Clerk contraeu matrimonio con Maria Anne Law (1788-1866),"Maria Anne Law Clerk". Findagrave.com e fixou a súa residencia familiar en Penicuik House, construída polo seu avó. Coa súa muller tivo seis fillos:

James Clerk of Penicuik (1812-1870), quen herdou o título nobiliario de Baronet. George Edward Clerk (1815-1875). John Clerk (1816-1900). Edward Clerk (1824-1917). Alexander Clerk (1828-1912). Elizabeth Harriette Clerk (1833-1909). miniatura|260x260px|Mausoleo de George Clerk no cemiterio da igrexa de St. Mungo, en Penicuik.George Clerk finou o 23 de decembro de 1867, á idade de 80 anos, na súa residencia Pennycuik House, en Midlothian. Foi soterrado no cemiterio local, preto do mausoleo dos seus pais na igrexa parroquial de St. Mungo, en Penicuik, xunto coa súa esposa, finada uns meses antes ca el."Sir George Clerk". Findagrave.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Clerk of Pennycuik, Sir George, Bart.". Former Fellows of the Royal Society of Edinbourgh. 1783-2002. Biographical Index. Parte I. Páxina 190. The Royal Society of Edinbourgh, Edimburgo. ISBN 0 902 198 84 X Anderson, W. (1867). "Sir George Clerk". En The Scottish Nation. Fullarton, Londres. Vol. I. Páxina 652. Craig, John (2010) . The Mint: a History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-17077-2 Forrer, L. (1923). "Clerk, Sir George, Bart.". Biographical dictionary of medallists. Vol. 7. Spink & Son, Londres. Páxina 186. Mosley, C. (ed.). (2003). Burke's Peerage, Baronetage & Knightage. Vol. I. 107ª ed. Burke's Peerage, Wilmington, Delaware. Páxinas 816-817.

Outros artigos

Director da Royal Mint

Ligazóns externas

Intervencións de George Clerk no Parlamento do Reino Unido

Categoría:Nados en 1787 Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Finados en 1867 Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Políticos de Escocia Categoría:Directores da Royal Mint Categoría:Nobres do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Personalidades sen imaxes