George Meadows foi un home afroamericano que foi linchado o 15 de xaneiro do 1889, no condado de Jefferson, Alabama, Estados Unidos.

Linchamento e secuelas O 14 de xaneiro de 1889, unha muller branca informou ser violada e que o seu fillo fora asasinado por un home negro.Letwin (1998), pp. 36–37 Ao redor de 400 mineiros brancos formaron grupos e trouxéronlle varios homes negros á muller, a cal foi incapaz de identificar a ningún deles como o autor. Ao día seguinte, os mineiros trouxeron a Meadows, quen acababa de chegar á zona, e despois dunha breve "investigación", declarárono culpable. A muller suplicoulle á turba que non linchase a Meadows, posto que non estaba segura de se era o criminal, mais a turba continuou o linchamento e colgárono preto das Minas de Pratt. Despois de morto, dispararon ao seu corpo varias veces e deixárono á vista pública. Meadows foi máis tarde soterrado nunha tumba anónima no que agora é Lane Park en Birmingham, Alabama.

O 16 de xaneiro, o shériff decidiu que Meadows non era culpable do delito e arrestou outro home negro chamado Lewis Jackson.

En 2019, Tony Bingham, un profesor na Universidade de Miles e un asesor para o Proxecto Conmemorativo do Condado de Jefferson, anunciaron a súa intención de ou ben localizar a tumba de Meadows ou facer que o Zoo de Birmingham ou os Xardíns Botánicos de Birmingham (ambos dos cales están en Lane Park) erixisen un monumento conmemorativo nas súas instalacións.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 1889 Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América Categoría:Asasinatos nos Estados Unidos de América Categoría:Alabama