Lander Olaetxea Ibaibarriaga, nado en Abadiño o 12 de abril de 1993, é un futbolista vasco que xoga como centrocampista ofensivo no Sporting de Gijón, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira da Cultural Durango, e tras unha cesión ao Iurretako KT, en 2013 debutou co primeiro equipo na Terceira División.
En maio de 2015 fichou polo Bilbao Athletic, da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 9 de novembro, substituíndo a Asier Villalibre na parte final dun partido contra a UE Llagostera. Apenas tivo protagonismo esa campaña, na que o filial bilbaíno consumou o descenso. A súa participación aumentou notablemente na tempada 2016/17 en Segunda B, pero deixou o club ao remate da competición. A continuación xogou unha campaña no Gernika, antes de asinar pola UD Logroñés, ambos de Segunda B. Con este último conseguiu en 2020 o ascenso á Segunda División, o primeiro da historia do club, contribuíndo con seis goles.
Na tempada seguinte disputou 34 partidos e marcou contra o Mirandés o seu primeiro gol en Segunda. Despois do descenso do equipo, fichou polo Amorebieta, tamén de Segunda co que sufriu un segundo descenso consecutivo.
En xullo de 2022 asinou polo Albacete Balompié, co que xogou durante os seguintes dous anos en Segunda, sendo titular indiscutible para o adestrador galego Rubén Albés. O 10 de xullo de 2024 fichou polo Sporting de Gijón.
Notas
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Abadiño Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón