Katia Zhukova, nada en Málaga o 5 de novembro de 1997, é unha xogadora de balonmán rusa. Xoga de pivote no BM Porriño.
Traxectoria É filla de Mikhail Zhukov, quen xogoou ao balonmán no Puleva Maristas, Teka Cantabria, Altea e Torrevieja. É irmá do tamén xogador Dani Zhukov. Só pasou en Málaga os primeiros anos de vida.
De pequena xogou ao baloncesto, e comezou a xogar ao balonmán no Club Esportiu Villa Blanca de Altea. En 2013 acadou o campionado de España en categoría cadete co equipo da Comunidade Valenciana. Fichou polo Club Balonmano Elche tras a marcha do club de Anna Vicente, e coincidiu no posto con Carmen Ocáriz. Lesionouse de gravidade en 2017, mais seguiu no equipo adestrado por Joaquín Rocamora. Foi subcampioa da Copa da Raíña 2019-20, e na tempada 2020-21 acadou a Copa da Raíña e a Supercopa de España. En 2024 acadou a Copa Europea da EHF.
Na tempada 2024/25 fichou polo BM Porriño, e nesa mesma tempada o equipo chegou á final da EHF European Cup.
Clubs
2013–14: Mar Alicante 2014– 2024: Balonmano Elche 2024 -: CB Porriño
Notas
Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en 1997 Categoría:Xogadores de balonmán de Rusia