Anne Cheng-Wang, máis coñecida como Anne Cheng (en chinés tradicional: 程艾蘭; en chinés simplificado: 程艾兰; en pinyin: Chéng Àilán), nada en París o 11 de xullo de 1955, é unha profesora universitaria e sinóloga francesa. Dende o 2008, é titular da cátedra de Historia Intelectual da China do Collège de France.
Traxectoria Primeiros anos e formación Anne Cheng estudou Letras na Escola Normal Superior de Rapazas, graduándose en 1975. Doutorouse en Estudos Chineses pola Universidade París-VII Diderot en 1982. A súa tese, dirixida por Léon Vandermeersch, versou sobre He Xiu (129-182), un eséxeta do Chunqiu (en ) da tradición Gongyang.
Durante os seus estudos, foi lectora nas Universidades de Cambridge e Oxford.
Carreira profesional Entre 1982 e 1987, foi responsable de investigación no Centro Nacional da Investigación Científica (CNRS). En paralelo, ensinou Historia do Pensamento Chinés no Instituto Nacional das Linguas e Civilizacións Orientais (Inalco). Obtivo a súa habilitación para dirixir investigacións en 1995 na súa alma máter, converténdose en profesora do Inalco en 1997.
No Inalco, foi responsable do Centro de Estudos Chineses e do mestrado en Estudos de Asia Pacífico. Foi tamén vicepresidenta da Asociación Europea de Estudos Chineses e catedrática de Historia Intelectual da China e da Sinosfera do Instituto Universitario de Francia. No 2008, foi nomeada catedrática no Collège de France.
Ademais, foi profesora invitada en varias universidades de América do Norte, Europa e de Oriente Medio. Dende 2010, dirixe a colección Bibliothèque chinoise de Éditions des Belles Lettres.
Vida persoal Anne Cheng é filla do escritor e profesor francés de orixe chinesa François Cheng, membro da Academia Francesa dende 2002, e da artista chinesa Zheng Zhenting. A nai regresou á China cando era moi nova, polo que se criou co seu pai en Francia, converténdose ao catolicismo. Estivo casada co informático chinés Wang Yun, quen finou en 2013. Tiveron dúas fillas.
Publicacións Obras individuais Entretiens de Confucius (1981) Étude sur le confucianisme han : l'élaboration d'une tradition exégétique sur les classiques (1985) Histoire de la pensée chinoise (1997) La Chine pense-t-elle ? (2009) Le Pousse-pousse (2012)
Obras colectivas La pensée en Chine aujourd'hui (2007) Les grandes civilisations (2011) Lectures et usages de la Grande Étude (Chine, Corée, Japon) (2015) Exploring Courtroom Discourse: The Language of Power and Control (2016) Hériter, et après ? (2017) Tous philosophes ? (2019) Une boussole pour l'Après (2020) Civilisations : questionner l'identité et la diversité (2021) Le Traité des rites : canonisation du rituel et ritualisation de la societé (2021) India-China : Intersecting Universalities (2021) Historians of Asia on Political Violence (2021) Penser en Chine (2021)
Recoñecementos Premios e condecoracións Premio Dagnan-Bouveret (1997) Premio Stanislas-Julien (1998) Oficial da Lexión de Honra (2016) Comandante da Orde Nacional do Mérito (2024)
Doutoramentos honoris causa Doutora honoris causa da Universidade de Fudan Doutora honoris causa da Universidade Autónoma de Barcelona
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en París Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Filólogos de Francia Categoría:Nados en 1955