Ṣawt al-Jihād (en árabe: صوت الجهاد; en galego: Voz da Xihad) é o antigo título dun sitio web que afirmaba ser un dos sitios oficiais do Talibán. Principalmente informaba sobre as últimas noticias sobre Afganistán en árabe, dari, inglés, paxto, e urdu. Despois da restauración do Emirato Islámico de Afganistán por parte dos talibáns, foi renomeado como Voz Oficial de Afganistán.

Ṣawt al-Jihād foi tamén o título dunha revista online publicada pola rama saudita de al-Qaeda entre 2004 e 2007. Un 27 de abril de 2005, a edición da Ṣawt al-Jihād incluíu un artigo que lle pregaba aos seus simpatizantes non se apropiasen do termo "Ṣawt al-Jihād" para as súas publicacións propias. En febreiro de 2007, foi publicado un informe despois dunha pausa de case dous anos.

Notas

Categoría:Talibán