Antonio María Barriga Villalba, nado en Bogotá en 1890 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1986,"Barriga Villalba, Antonio María, 1890-1986". Archivo de Bogotá (Biblioarchivo.bogota.gov.co). foi un científico, profesor universitario e numismático colombiano.
Barriga foi profesor da Universidade Nacional de Colombia e do Colexio Maior de Nosa Señora do Rosario, onde fundou a biblioteca de ciencias. Foi xefe da sección de Química do Instituto Nacional de Hixiene Samper Martínez e director do Museo de Numismática da Casa da Moeda de Colombia.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Barriga Villalba naceu no barrio da Candelaria, en Bogotá, en 1890, un dos oito fillos de Atilia Villalba Acevedo e de Juan Barriga Orbegozo."Antonio María Barriga Villalba". Geneanet.org
Cursou estudos superiores de Filosofía e Letras no Colexio Maior Nuestra Señora del Rosario (actual Universidade do Rosario), dos que se graduou o 5 de novembro de 1914. Posteriormente acadou o seu doutoramento na mesma universidade, cunha tese titulada Algo sobre o invento de Caldas, presentada en 1915."Antonio María Barriga Villalba". Academia Colombiana de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (ACCEFYN.com)."Antonio María Barriga ViIIalba, rosarista". En Revista del Colegio Mayor de Nuestra Señora del Rosario. Vol. 36. Nº 353-354. 1941. Páxinas IX-X.
Carreira profesional Antonio M. Barriga exerceu a docencia durante 25 anos como profesor de Química Orgánica e Mineral na Facultade de Medicina da Universidade Nacional de Colombia, e tamén ensinou a materia de Química Mineral, Orgánica e Analítica na Facultade de Agronomía da mesma universidade. A partir de 1919 Tamén foi profesor do Colexio Maior Nuestra Señora del Rosario, onde ademais fundou a biblioteca de ciencias da institución. Ademais foi o xefe da sección de Química do Instituto Nacional de Hixiene Samper Martínez, un cargo que ocupou durante preto de 28 anos.
Paralelamente á súa actividade docente, Barriga estivo ao servizo da Casa da Moeda de Bogotá durante un período de 55 anos, nos que de desempeñou os cargos de químico ensaiador (1917-1938) e de administrador (1938-1972). Os derradeiros anos da súa vida dedicounos á dirección do Museo de Numismática da Casa da Moeda.
Ao longo da súa traxectoria, Antonio María Barriga foi membro de diversas academias e sociedades eruditas, tanto no seu país como de orde internacional, como a Sociedade Colombiana de Ciencias Naturais (desde 1919), a Sociedade Médico Cirúrxica dos Hospitais (1926), a Academia Nacional de Medicina (1938), a Academia Colombiana de Química (1941), a Sociedade Colombiana de Bioloxía (1942), a Sociedade Colombiana de Cardioloxía (1956), o Club Numismático de Bogotá (1964), a Academia de Medicina de Medellín (1966), a Asociación Latinoamericana de Academias Nacionais de Medicina (1968), a española Real Academia de San Romualdo de Ciencias, Letras e Artes (1959), a Real Academia Hispanoamericana de Cádiz (1963), a Asociación Numismática Española, a Sociedade de Química Industrial de Londres ou a Sociedade de Química Americana da Arxentina e o Brasil.
Vida persoal Antonio María Barriga casou con Luisa del Diestro García, con quen tivo tres fillos, chamados Luis Antonio, que dirixiu o Museo do Ouro do Banco da República de Colombia, e Antonio María, xeólogo, e Fernando, dedicado á enxeñaría civil.
Barriga finou o día 4 de abril de 1986, aos 97 anos de idade.
Recoñecementos
(1935): Cruz de Boyacá, grao de Oficial, outorgada polo Goberno de Colombia. (1936): Diploma de Honra do Ministerio de Traballo, Hixiene e Previsión Social de Colombia. (1941): Mestre da Xuventude Colombiana, do Consello de Estudantes da Facultade de Medicina da Universidade Nacional. (1970): Premio Javier Conde Garriga, da Asociación Numismática Española, de Barcelona."Ganadores del premio Javier Conde Garriga". Asociación Numismática Española (Numisane.org).
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos de Antonio María Barriga Villalba:"Bibliografia del doctor Barriga Villalba, Antonio Maria". En Boletin de historia y antiguedades. Vol. 73. Nº 755. Outubro-decembro de 1986. Páxina 1.149.
(1969). Historia de la Casa de la Moneda (tres volumes). Banco de la República, Bogotá. Tomo I. Época de los tesoreros particulares. Tomo II: Época de 1756 a 1819. Tomo III: República de la Gran Colombia. (1969). El empréstito de Zea y el préstamo de Erick Bollmann de 1822. Banco de la República, Bogotá. (1973). Banco de la República. Catálogo de billetes 1923-1973. Banco de la República, Bogotá. (1973). La esmeralda de Colombia: descripción y propiedades. Universidad del Rosario, Bogotá.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Antonio María Barriga ViIIalba, rosarista". En Revista del Colegio Mayor de Nuestra Señora del Rosario. Vol. 36. Nº 353-354. 1941. Páxinas IX-X. Ruan de la Carrera, Y. (2026). En Científicos colombianos que se han destacado en el campo de las ciencias biomédicas. Páxinas 60-61.Bogotá.
Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Alumnos da Universidade do Rosario Categoría:Profesores da Universidade do Rosario Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Colombia Categoría:Numismáticos de Colombia Categoría:Científicos de Colombia Categoría:Galardoados co premio Javier Conde Garriga Categoría:Personalidades sen imaxes