Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro (A Rioxa) o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Traxectoria miniatura|Estatua en Gondomar, coa lenda:"Don DiegoSarmientode Acuña1er Conde deGondomarDiplomáticoDefensordas letrase Amantede Galicia.". Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, corrixidor de Toro e Valladolid e notario maior de Toledo.

Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador en Inglaterra de Filipe III e do seu fillo Filipe IV. Neste labor gañou a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.

En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co apoio do Consello de Estado.

Posturas verbo do Reino de Galicia: a recuperación do voto na Cortes de Castela Foi membro do Consello de Estado 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia en 1625 mais non chegou a tomar posesión.

Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Tras un século de peticións Filipe IV de España e, pola Real Cédula de 5 de febreiro de 1623, concedeu o voto a Galicia nas Cortes de Castela. Galicia estivera integrada ata entón na provincia de Zamora, e foi a primeira en romper a resistencia dos privilexiados nas Cortes de Castela. Galicia inaugurou un sistema de voto plural e alternativo, pois este voto para a nova provincia galega non se concedía a unha única cidade, senón ás capitais das sete provincias: Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui. Unha característica propia da representacion galega sería a súa pronunciada natureza aristocrática, nunha asemblea onde non era habitual a presenza da alta nobreza. Este sería o caso, nas Cortes de 1649, cos condes Altamira e MonterreiDomínguez Martínez, Antonio (1961). “Concesiones de votos en Cortes a ciudades castellanas”. En: Anuario de Historia del derecho español, nº 31, pp.175-186..

Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sufría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.

Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.

As cartas Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan dirixidas a el en galego, porque os destinatarios sabían que o conde tiña en estima esta lingua. En total, foron publicadas dez cartas en galego no proxecto Gondomar, dos seguintes remitentes (ordenadas cronoloxicamente): Pedro Obeso de Oriona 1596 Lope Gallo de Avellaneda 1596 Juan de Lanzós y de Andrade 1598 María Moscoso y Sotomayor 1604 Sanjuan de Amorín 1605 Diego Sarmiento de Sotomayor 1605, 1605 Beatriz da Serra 1603 1603 Rodrigo Moscoso y Sandoval 1619

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Rosario; , Xosé Luís: "Escrita epistolar en galego: a correspondencia de Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar (1567-1626)", Boletín da Real Academia Galega 365, 2004:253-291 (I); 366, 2005:225-303 (II).

, Francisco Fidel, Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, 2011, Biblos, ISBN 978-84-15-08613-0.

Outros artigos Castelo de Monterreal Constanza de Acuña y Lompré Ligazóns externas Información sobre o conde e a súa defensa da lingua galega

Categoría:Nados en Astorga Categoría:Nados en 1567 Categoría:Finados en 1626 Categoría:Historia moderna de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século XVI Categoría:Nobres de Galicia do século XVII