Acontecementos África 12 de maio - Asínase o tratado de Qasr el-Said, en El Bardo, Tunisia, que recoñece o protectorado francés sobre ese país norteafricano. Derrotan ás tropas británicas os boers en Suráfrica miniatura|page=4|"Costumbres gallegas", por Rosalía de Castro, 28/3/1881. Nacementos 4 de xaneiro - Wilhelm Lehmbruck, escultor alemán. 9 de xaneiro - Giovanni Papini, escritor italiano. 31 de xaneiro - Irving Langmuir, químico estadounidense, premio Nobel de Química en 1932. 4 de febreiro - Fernand Léger, pintor francés. 5 de marzo - Augusto Barcia Trelles, avogado e político republicano español (m. 1961). 12 de marzo - Mustafa Kemal Atatürk, presidente de Turquía (1923-1938). 23 de marzo - Roger Martin du Gard, novelista francés, premio Nobel de Literatura en 1937. 25 de marzo - Béla Bartók, compositor húngaro. 5 de xullo - Enrique Muíño, actor galego. 27 de xullo - Hans Fischer, químico e médico alemán, premio Nobel de Química en 1930. 6 de agosto - Sir Alexander Fleming, científico británico. 8 de agosto - Gerardo Abad Conde, avogado e político galego. 11 de agosto - José Soto Reguera, avogado e político galego (m. 1953). 29 de setembro - Ludwig von Mises, economista austríaco. 2 de outubro - Antón Vilar Ponte, escritor e político galego. 22 de outubro - Clinton Davisson, físico estadounidense, premio Nobel de Física en 1937. 25 de outubro - Pablo Picasso, pintor español. 25 de novembro - Angelo Giuseppe Roncalli, Papa Xoán XXIII (1958-1963) 28 de novembro - Stefan Zweig, escritor austríaco.

12 de decembro - Concepción Pérez Iglesias, mestra e política galega (m. 1939). 23 de decembro - Juan Ramón Jiménez, poeta español, premio Nobel de Literatura en 1956.

Mortes 1 de xaneiro - Louis Auguste Blanqui, revolucionario francés, referente intelectual da Comuna de París de 1871. 9 de febreiro - Fiódor Dostoievski, escritor ruso. 13 de marzo - Tsar Alexandre II de Rusia. 21 de marzo - Modest Musorgskii, compositor ruso. 28 de abril - Manuel García Gil, monxe e prelado galego. 14 de setembro - Juan Antonio Saco y Arce, sacerdote, gramático e escritor galego (n. 1835). 16 de outubro - Marcial del Adalid, compositor musical galego (n. 1826). 21 de novembro - Lewis Henry Morgan, antropólogo estadounidense.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1881