Isuma (en inuktitut: ᐃᓱᒪ; que quere dicir 'pensar') é un colectivo artístico e a primeira compañía canadense propiedade por inuk nun 75%, cofundada por Zacharias Kunuk, Paul Apak Angilirq e Norman Cohn en Igloolik, Nunavut en 1990. É coñecida internacionalmente polo seu galardoado filme Atanarjuat, o primeiro en ser escrito, dirixido e actuado completamente en lingua inuktitut. Isuma foi escollida como representante do Canadá na Biennale de Venecia de 2019 onde proxectou o filme One Day in the Life of Noah Piugattuk, a primeira presentación de arte inuk no Pavillón do Canadá.

Isuma céntrase en reunir persoas de diferentes idades, orixes culturais e sistemas de crenzas para apoiar e promover a comunidade indíxena do Canadá a través da televisión, Internet e o cinema. A misión de Isuma é producir medios de comunicación independentes e comunitarios co obxectivo de preservar e mellorar a cultura e a lingua inuit; crear empregos e desenvolvemento económico en Igloolik e Nunavut; e contar historias inuit auténticas a audiencias inuit e non inuit de todo o mundo. Isuma está conectada con Arnait Video Productions.

Produción IsumaTV conta con máis de 7800 vídeos da comunidade indíxena en 70 linguas. Estes vídeos abranguen varios temas dende unha perspectiva inuk, como cuestións árticas, linguas indíxenas e comunidade global. Stories of Our Elders (Serie web de 28 episodios de APTN)

Filmes Atanarjuat - 2000 The Journals of Knud Rasmussen - 2006 Before Tomorrow (Le Jour avant le lendemain) - 2008 ExileExile Tia and Piujuq - 2018 One Day in the Life of Noah Piugattuk - 2019 Tautuktavuk (What We See) - 2023

Serie Unikaatuatiit (Story Tellers) Qaggiq (Gathering Place, 1989) Nunaqpa (Going Inland, 1991) Saputi (Fish Traps, 1993)

Documentais Alert Bay (1989) Attagutaaluk (Starvation, 1992) Qulliq (Oil Lamp, 1993) Nunavut: Our Land (1994–95), serie de televisión de 13 episodios. Piujuk & Angutautuk (1994) Sanannguarti (Carver, 1995) Nipi (Voice, 1999) Nanugiurutiga (My First Polar Bear, 2000) Ningiura (My Grandmother, 2000) Anaana (Mother, 2001) Ajainaa! (Almost!, 2001) Artcirq (2001) Arviq! (Bowhead!, 2002) Angakkuiit (Shaman Stories, 2003) Kunuk Family Reunion (2004) Unakuluk (Dear little one, 2005) Qallunajatut (Urban Inuk, 2005) Kiviaq vs. Canada (2006)Inuit Knowledge and Climate Change (2011) Kivitoo: What They Thought of Us'' (2018)

Notas

Categoría:Empresas do Canadá Categoría:Produtoras de cinema do Canadá Categoría:Pobos inuit