Félix Plá Pulles, nado en Vilanova i la Geltrú en 1781 e finado en Ferrol en 1850, foi un comerciante e político catalán. Foi traficante de persoas escravizadas, mercador de viños do país e de Málaga e deputado do concello de Ferrol de 1834 a 1835.
Traxectoria miniatura|Listaxe das persoas escravizadas desembarcadas en Cuba de 1816 a 1817. Aparece o buque negreiro de Félix Plá Pulles Após o regreso de Fernando VII en 1814, Félix Plá principiou o proxecto de compra de naves para as dedicar á trata. En 1816 rexistrou o bergantín Jesús, María y José para facer viaxe ás costas de África. Esta empresa estaba conformada por tres socios: José María Pintado, o capitán –que actuaba en nome da sociedade habanera Manuel Entralgo y Cía–, Julián Vicente Rivero, do comercio de Ferrol, e Francisco Félix Pla. Os socios “tiñan determinado facer e emprender por terzas partes iguais a negociación, expedición e especulación á devandita costa de África para a compra, troco e comercio de negros, e conducir estes por conta e a beneficio da sociedade na referida cidade da Habana”.
O capitán Pintado desenbarcou o 21 de xaneiro de 1817 en Santiago de Cuba 99 persoas escravizadas. Foran embarcadas en África 110, isto é, na travesía faleceron 11.
Vida persoal
Casou con Ramona Monge Amboage, filla dun dos maiores comerciantes locais, Pedro Monge, natural de Barcelona e tamén emigrado. Foron pais de oitos fillos. José Plá Monge e Ramón Plá Monge, marqués de Amboage, foron os que conseguiron acumular maior fortuna grazas ao tráfico de persoas escravizadas. Notas
Categoría:Nados en Vilanova i la Geltrú Categoría:Nados en 1781 Categoría:Empresarios de España Categoría:Escravitude Categoría:Finados en 1850