Sancho I, o Craso, tamén coñecido como Sancho II,Sendo Sancho Ordóñez o I. finado no ano 966, foi rei de Galicia en dous períodos 956-958 e 960-966.
Traxectoria esquerda|miniatura|Miniatura de Sancho I. Tumbo A, Catedral de Santiago de Compostela. Irmán de Ordoño III e fillo de Ramiro II, foi coroado na Catedral de Santiago de Compostela por Sisnando II de Iria. Contou co apoio de parte da nobreza galega, pero foi basculando as súas alianzas cara ao conde castelán Fernán González e o Reino de Navarra. Isto provocou unha grande contestación, o que derivou no seu destronamento e a coroación de Ordoño IV en Santiago de Compostela. Nesta sublevación da aristocracia, aínda que tivo como foco principal Castela, foi de importancia a participación de nobres galegos.
Refuxiouse na corte de Navarra. Abd al-Rahman III acolleuno en Córdoba, onde o curou da súa extrema gordura grazas aos servizos do famoso médico e poeta xudeu Hadsai.
Entón, Sancho acudiu xunto da súa avoa, a raíña Toda de Navarra, a quen pediu axuda para recuperar o seu reino. Fixo un trato cos árabes Abd al-Rahman e Hasday ibn Saprut, que lle axudaron a tomar Zamora en 959. Máis tarde, co apoio da nobreza leonesa e navarra, expulsou do trono a Ordoño IV.
O rei tardou pouco en esquecerse do seu acordo cos musulmáns, que pasaron entón a apoiar a Ordoño IV, aínda que o seu enfrontamento non pasou esta vez dunhas cantas incursións de castigo. Nos últimos anos do seu reinado sucedéronse as rebelións nobiliarias e afianzouse a independencia dos condes casteláns e galegos.
Tentou aglutinar ao conxunto da nobreza galega co apoio de Rosendo de Celanova, a quen puxo á fronte da igrexa de Santiago, en substitución do bispo Sisnando, que foi encarcerado por orde de Sancho. Porén con el aparecen sobre todo os nobres leoneses de Monzón (os Ansúrez), Saldaña e Cea. Casou cunha dama da casa dos Ansúrez, Teresa. Intentou gañarse a confianza dos magnates galegos. Para iso desprazouse ás terras portucalenses con nulo éxito, xa que alí foi envelenado polo conde galaico-portugués Gonzalo Muñoz.
Deixou como herdeiro ao seu fillo de cinco anos Ramiro III, que non sería recoñecido en Galicia.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Lista de reis de Galicia. Lista de reis de León.
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 966