Guijuelo é un municipio da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Dista 48 km de Salamanca, a capital provincial. O xentilicio que designa os seus habitantes é guijuelense.

No 2005 contaba cunha poboación de 5.368 habitantes, dos cales 2.712 homes e 2.656 mulleres, sobre unha superficie de 63,23 km². Posuía polo tanto unha densidade de 84,48 hab./km².

Ademais de Guijuelo abrangue os núcleos de Cabezuela de Salvatierra (57 hab.), Campillo de Salvatierra (331 hab.) e Palacios de Salvatierra (39 hab.). Todos eles uníronse na década de 1970 xunto coas localidades de Aldeavieja de Tormes, Nava de Béjar e Fuentes de Béjar, aínda que se independizaron outra vez nos anos 80.

Economía

Grazas á denominación de orixe Guijuelo, a industria de produtos cárnicos é das máis importantes de España, dedicándose gran parte da poboación a esta actividade. Son famosos e de gran calidade os xamóns ibéricos que, aínda que vindos en boa parte das devesas estremeñas, achan aquí o lugar adecuado para a súa curación.

Categoría:Concellos da provincia de Salamanca