A contaminación do espazo basicamente é debida ós refugallos espaciais, que, entorpecen o uso do espazo e, debido ás grandes velocidades que se manexan, son perigosos dende dimensións ínfimas. Mais tamén aparecen casos como os 180 000 kg de residuos que se estima teñen quedado xa na Lúa.
Dende o comezo da aventura espacial, téñense posto en órbita máis de 6000 lanzamentos, que teñen deixado máis de 56 000 obxectos de tamaño que se pode rastrexar en órbita, a máis da contaminación na parte alta da atmosfera, que linda co espazo profundo. Así, debido só ós lanzamentos con fallo de Starlink, calcúlase que dende finais de 2024 tense engadido unha tonelada de aluminio diario á estratosfera terrestre (tres veces superior á entrada natural por meteoritos). Os óxidos derivados do aluminio poden alterar o equilibrio térmico das capas altas da atmosfera e o equilibrio climático.
A contaminación espacial está medrando ó medrar tamén o ritmo de lanzamentos.
Ná década de 2020 creouse un grupo para preservar o espazo da contaminación, chamado Space Environmentalism, que tenta, entre outras cousas, regular o uso do espazo cunha visión medioambiental.
Notas
Categoría:Contaminación