Laura Arroyo Gárate, nada en Lima o 13 de setembro de 1986, é unha xornalista, comunicadora política e cantautora peruana, radicada en España.
Traxectoria Laura Arroyo Gárate naceu en Lima o 13 de setembro de 1986. É licenciada en Lingüística Hispánica pola Pontificia Universidade Católica do Perú (PUCP) e diplomada en Xornalismo Político e Análise Cultural pola Universidade Antonio Ruiz de Montoya (UARM). Cursou un mestrado en Análise Política na Universidade Complutense de Madrid.
Foi membro da Unidade de Análise Política, Estratexias e Marcos da Secretaría Xeral do partido político español Podemos. É directora e condutora do faladoiro político El Tablero de Canal Red e directora de La Base Comanche.
En 2019 foi unha das denunciantes por violencia física e sicolóxica ao dirixente de Novo Perú Abraham Valencia. Contou, a través dunha publicación en Facebook, a experiencia de violencia de xénero que sufriu por parte da súa exparella.
En 2021 foi asesora da candidata á presidencia do Perú Verónika Mendoza durante o proceso electoral dese ano.
Dende marzo de 2024 é tertuliana política do programa La Hora de La 1, dirixido por Silvia Intxaurrondo. En abril dese ano, unha intervención súa analizando a carta onde o presidente español Pedro Sánchez pausaba a súa actividade fíxose viral por solicitar ao goberno a intervención do Poder Xudicial e dalgúns medios de comunicación. En agosto, outra intervención súa foi tamén viralizada polo seu defensa do goberno venezolano de Nicolás Maduro.
Carreira artística Arroyo é tamén cantautora. En 2021 publicou o seu primeiro disco, Niebla, un álbum de catro cancións, a modo das catro estacións, con interludios recitados por Laura Casielles, Micaela Távara, Gabriela Wiener e Claudia Blanco.
Ao ano seguinte, en 2022, publicou Refugio, disco de dez temas instrumentais onde Arroyo toca o piano e onde rememora a súa viaxe a Lima durante a campaña presidencial peruana de 2021.
Discografía Niebla (2021) Refugio (2022)
Notas
Categoría:Nados en Lima Categoría:Nados en 1986 Categoría:Feministas do Perú Categoría:Xornalistas do Perú Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Católica do Perú