Lucía Santiago Loira, nada en Bueu en 1989, é unha xornalista galega.
Traxectoria
Licenciouse en Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade Antonio de Nebrija, con mención extraordinaria de fin de carreira. Fixo un mestrado en xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos, cun MBA en dirección empresarial e márketing dixital na Escuela de Empresa e unha especialización en márketing deportivo na ESIC University.
Traballou na Cadena SER, a produtora de televisión Medina Media e a Axencia EFE, cubrindo eventos deportivos. Participou nos faladoiros de Radio Marca e nas "Noches Olímpicas" de Eurosport. Tamén foi comentarista en RNE. Ademais foi correspondente en España e Portugal da Federación Internacional de Natación (FINA).
En 2013 impulsou a creación de Deporte y Mujer (deporteymujer.com). Colabora en Idioma y Deporte.
En 2023 e 2024 foi incluída na clasificación das 100 mulleres máis influentes do deporte español "Top Women in Sports".
En febreiro de 2023 foi nomeada xefa de prensa do Consello Superior de Deportes, onde xa traballara como asesora no Gabinete de Presidencia.
Audiovisual
2019: dirixiu o documental Nawal, inspirado na figura da primeira campioa olímpica africana Nawal El Moutawakel.
Premios
2017: Premio Lilí Álvarez, do Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades e o Consello Superior de Deportes (CSD), na categoría de texto pola reportaxe “Se busca entrenadora”. 2025: Premio Nipho da Universidade Antonio de Nebrija. Dedicoulle o premio ás mulleres da súa familia e á universidade Nebrija na que estudou.
Notas
Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1989 Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes