As bibliotecas na sombra (en ), tamén coñecidas como bibliotecas pirata ou pantasma, son repositorios en liña con contidos dixitais dispoñibles gratuitamente, mais que adoitan ser de pago ou de difícil acceso. As bibliotecas na sombra poden conter obras de texto como artigos académicos e libros electrónicos, así como outro tipo de arquivos (software, música, películas etc.).

Entre as bibliotecas na sombra con máis sona inclúense Anna's Archive, Library Genesis, Z-Library ou Sci-Hub.

Motivacións

As bibliotecas na sombra forman parte dos movementos do acceso libre e o coñecemento libre. Ambos buscan diseminar a investigación académica e outros medios de expresión de xeito máis libre, adoito citando o imperativo moral de facer que o saber estea dispoñible libremente.

Por exemplo, os operadores de LibGen afirmaron que o obxectivo da súa páxina web era permitirlle o acceso á información ás persoas pobres, opoñéndose ao cerco sobre o coñecemento levantado polas institucións académicas de elite. Segundo un dos administradores:

Aleksandra Elbakian, a creadora de Sci-Hub, xustificou a súa web argumentando que a falta dun acceso libre á produción académica supón unha violación do dereito humano á ciencia e a cultura, reflectido no artigo 27 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, segundo o cal: "Todo o mundo ten dereito a participar libremente na vida cultural da comunidade, gozar das artes e compartir os avances científicos e mais os seus beneficios". Elbakian tamén afirmou que "calquera lei contra o coñecemento é fundamentalmente inxusta". O activista estadounidense Aaron Swartz recolleu os motivos detrás de moitas bibliotecas na sombra no seu Guerrilla Open Access Manifesto de 2008:

As bibliotecas na sombra tamén acostuman a citar o custo cada vez maior da literatura académica, un fenómeno coñecido como "a crise dos xornais".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Anna's Archive Library Genesis Sci-Hub

Categoría:Bibliotecas dixitais