Héctor Josué Martínez Flores, nado en Jujutla o 21 de novembro de 1989, é un mestre de lingua pipil, a derradeira lingua indíxena do Salvador que en 2007 foi clasificada pola UNESCO como en perigo de extinción.

No Salvador, o pipil é a única lingua indíxena viva e conta cun número limitado de falantes (estímase que non exceden as 200 persoas).

Traxectoria miniatura|250px|Héctor Martínez en 2023. En 2018 fundou o proxecto educativo "Timumachtikan Nawat", e a través do seu programa escola, "Ne Ichan Safoura", ensina lingua pipil xunto cos avós da comunidade Pobo pipil de Santo Domingo de Guzmán, entre eles Sixta Pérez. O 3 de maio de 2024 presentou xunto con Sixta Pérez a obra Yultajtaketzalis, o primeiro dicionario en lingua pipil creado por unha falante nativa da lingua.

miniatura|250px|Portada do dicionario pipil Yultajtaketzalis. O libro comezou a traballarse dende o 22 de xaneiro de 2023, co gallo do masacre indíxena do Salvador, e un dos factores da desaparición e prohibición da lingua.

Obra Yultajtaketzalis (maio de 2024)

Tradución Ne Shulut Nakatamal (2023) Ne Lujlun Takamichin wan ne Siwatatuktiani (2023)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sixta Pérez Ligazóns externas Timumachtikan Nawat

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no Salvador Categoría:Pobo pipil Categoría:Profesores do Salvador Categoría:Wikimedistas