Bernard Sarppong Somuah, nado o 10 de febreiro de 2006 en Ghana, é un futbolista que xoga como dianteiro no Celta Fortuna, filial do Celta de Vigo.

Traxectoria Somuah comezou a súa traxectoria no Afigya Liberty. Posteriormente, militou na Primeira División de Ghana, formando parte do Asante Kotoko SC.

En 2024 foi fichado para o Celta Fortuna, equipo que militaba no grupo I da Primeira Federación. Porén, ante a falta de minutos e adaptación, a súa ficha foi recalificada para o equipo Xuvenil A do conxunto celeste.

Xa en 2025, Somuah pasou a formar parte do filial celeste.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Joseph Aidoo

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Ghana Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B