Adrián Rosales Pousada, nado en Cangas de Morrazo o 28 de xullo de 1985, é un ex-xogador de balonmán galego. Xogaba na posición de lateral esquerdo.
Traxectoria Nado en Cangas de Morrazo, alí desenvolveu os seus primeiros anos de carreira, xogando para o Club Balonmán Cangas, onde estivo dende 2004 até 2016. Despois, marchou ao Caen Handball, onde estivo 2 tempadas. En 2018 oficializouse a súa fichaxe polo Club Balonmán Nava. En 2018 tivo unha lesión que o apartou dos terreos de xogo até a seguinte tempada. En 2019 chegou á cifra de 500 goles na liga ASOBAL. En 2022, retirouse do balonmán profesional.
Equipos CB Cangas (2004-2016) Caen Handball (2016-2018) BM Nava (2018-2022)
Notas
Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia