Luís Otero Pimentel, nado en Outeiro (Portodemouros, Vila de Cruces) e todos os que o seguen (, , …) din que naceu en Lalín. o 3 de setembro de 1844 e finado en Cádiz en 1920, foi un militar e escritor galego en lingua galega e lingua castelá. A súa obra máis destacada é Campaña da Caprecórneca, novela publicada por entregas no semanario Follas Novas en 1897.

Traxectoria Era descendente dos Otero Bermúdez de Duxame. Pasou parte da súa infancia e xuventude nas terras de Portodemouros e como os seus antepasados, seguiu a carreira militar. Coronel de Infantaría, destinado a Cuba onde foi Primeiro Oficial do Arquivo da Capitanía Xeneral de Cuba e Gobernador da cidade de Manzanillo. Despois da perda de Cuba, regresou á península a principios de 1899, e instalouse en Cádiz, onde viviu até a súa morte en 1920.

En 1886 publicou na Habana a novela Semblanzas caballerescas o las nuevas aventuras de Don Quijote de la Mancha, na que se relata unha viaxe de Don Quixote e Sancho Panza a Cuba a fins do século XIX e as aventuras que alí lles ocorren.

Obras En castelán Memoria sobre los voluntarios de la Isla de Cuba, 1876.Memoria sobre los voluntarios de la Isla de Cuba en Galiciana. Biblioteca de Galicia Apuntes de la gran romería de San Cristóbal celebrada en el año 1883, 1883.Apuntes de la gran romería de San Cristóbal celebrada en el año 1883 en Galiciana. Estudios sobre la legislación de los monte-píos, civiles y militares, 1884.Estudios sobre la legislación de los monte-píos, civiles y militares na Biblioteca Digital Hispánica da BNE. Semblanzas caballerescas o las nuevas aventuras de Don Quijote de la Mancha, 1886.Semblanzas caballerescas o las nuevas aventuras de Don Quijote de la Mancha na Biblioteca Digital Hispánica da BNE. Reflejos de la vida militar, 1894.Reflejos de la vida militar en Galiciana. Política militar y civil, elementos históricos y doctrinales.Política militar y civil elementos históricos y doctrinales ficha na BNE. En honor de Galicia. Estudio sobre los problemas de la enseñanza y emigración, 1907.En honor de Galicia. Estudio sobre los problemas de la enseñanza y emigración na Biblioteca Digital Hispánica da BNE. Un coronel, drama en cuatro actos en prosa y verso, 1917.Un coronel ficha na BNE. Un gran coronel, comedia dramática en tres actos, 1918.Un gran coronel comedia dramática en tres actos ficha na BNE. En galego "Truada de rapaces", 1894, publicado en El Eco de Galicia (A Habana). Mirando ó ceo, 1898. Colección de oitavas. Campaña da Caprecórneca: novela gallega hestóreca, fantásteca e poéteca, 1898, A Habana.Campaña da Caprecórneca en Galiciana. Camiño de Santiago, comedia sobres costumbres Gallegas en dous actos é tres cuadros, 1904, Cádiz.Camiño de Santiago ficha na BNE. Madre ejemplar: comedia en cuatro actos sobre costumbres gallegas en prosa y versos gallegos y castellanos, 1904, Cádiz.Madre ejemplar en Galiciana. As campanas de Duxame, 1906, Cádiz. Poesía.As campanas de Duxame en Galiciana. "¡Cereixas, boas cereixas!", 1906, publicado en Follas Novas (A Habana) n.º 489. "Froles e espiñas", 9/12/1906, publicado en Follas Novas (A Habana) n.º 497. "Acarón da silveira", 1907, publicado en Follas Novas (A Habana) n.º 512. "A lama dos preitos", 1907, publicado en Follas Novas (A Habana) n.º 547. "As campás de Duxame", 30/6/1911, publicado en Galicia (A Habana).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Guerra dos Dez Anos Xan de Masma Literatura galega do período intersecular

Ligazóns externas

Antonio Vidal Neira: "Luis Otero Pimentel, un escritor olvidado" Faro de Vigo, 12/1/2014 .

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público