Nicomedes Lamas Díaz, nado en Eixibrón (Tortes, Becerreá) cara a 1900, foi un labrego e político galego.
Traxectoria Veciño do Mosteiro (Cervantes). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Ingresou na prisión de Lugo o 14 de agosto de 1937. Procesado na causa 190/37 xunto con Luis García Vázquez, Jesús Salvador García Vázquez, Emilio Núñez Cabana, Ricardo García Santín, Isidro Valentín Gómez Gerbolés, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Abel Valcárcel Puente, José González Rivero, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; Abel foi condenado a pena de morte por adhesión á rebelión. A pena foi conmutada por 30 anos de reclusión perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1938,BOP Lugo, 14-1-1939, p. 1. e foi sancionado cunha multa de 50 pesetas. Revisada a súa condena en 1940, foi reducida a 20 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo, de onde saíu en liberdade condicional en febreiro de 1944.
Volveu ser detido o 13 de febreiro de 1946 ingresando na Prisión de Lugo. Foi trasladado o 1 de marzo á Prisión Provincial da Coruña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente procesual de Nicomedes Lamas Díaz
Expediente procesual de Nicomedes Lamas Díaz
Expediente de responsabilidade política contra Nicomedes Lamas Díaz, Abel Valcarce Puente e Luis García Vázquez
Peza separada de responsabilidade civil contra Nicomedes Lamas Díaz, Abel Valcarce Puente e Luis García Vázquez
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en ano descoñecido