A galiña de auga miúda (Paragallinula angulata) é unha especie de ave da familia Rallidae. É o único membro do xénero Paragallinula. Antes estaba situada no xénero Gallinula.

Taxonomía A galiña de auga miúda estaba anteriormente situada no xénero Gallinula, pero un estudo xenético molecular de 2015 demostrou que Gallinula estaba composta por catro liñaxes distintas. O xénero foi dividido en catro xéneros: Gallinula (sensu stricto), Paragallinula, Porphyriops, e Tribonyx.

P. angulata é a única especie coñecida de Paragallinula, o que fai que este xénero sexa monotípico.

O nome paragallinula vén do grego e está formado polo prefixo para, 'ao lado de', e o nome do antigo xénero Gallinula. Por tanto, nomeouse pola súa semellanza cos membros de Gallinula, pero o nome tamén indica que é unha liñaxe distinta.

Distribución

Está moi espallada pola África subsahariana (excluíndo o sur de África e Madagascar). Nunha ocasión foi rexistrada como ave errante rara no Paleártico occidental. Tamén se observou a súa presenza no Brasil, Exipto, Marrocos e Omán.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Galiña de auga miúda - Species text in The Atlas of Southern African Birds

Categoría:Rálidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1850