Isidro Caramés Tajes, coñecido como Cañoto, nado en Serres (Muros) cara a 1904 e finado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1947, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria En outubro de 1921 foi xulgado na Audiencia da Coruña por tentativa de violación xunto con Ángel Lestón Lago, e foron absoltos.El Ideal Gallego, 20-10-1921, p. 4. Emigrado en Cuba, foi repatriado a España en xuño de 1934.Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, Memoria correspondiente al año 1934 presentada por la Junta Directiva a los señores socios Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi procesado e xulgado por rebelión en Santiago de Compostela con Manuel Lago Ramos, Lino Tieles Blanco e Peregrino Lestón González o 15 de febreiro de 1937.El Eco de Santiago, 15-2-1937, p. 3.El Ideal Gallego, 16-2-1937, p. 2. Defendidos por Gonzalo Romero Osende, Isidro foi condenado a cadea perpetua. A condena foi conmutada a tres anos e seis meses. Cumpriu condena na Prisión de Santiago de Compostela. Saíu en liberdade provisional. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en xaneiro de 1947.BOE, 29-10-1949, p. 2352. Novamente detido en xaneiro de 1946, foi procesado por roubo a man armada en Corrubedo na causa 49/46 xunto con Peregrino Lestón González e Lino Tieles Blanco. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela, foi condenado a morte. Foi executado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1947.El Correo Gallego, 23-4-1947, p. 1.La Voz de Galicia, 23-4-1947, p. 2.A Nosa Terra, 455, maio 1947, p. 5.
Notas
Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1947